Walt Frazier

baloncestista estadounidense

Walter "Clyde" Frazier, nado en Atlanta (Xeorxia) o 29 de marzo de 1945, foi un xogador de baloncesto estadounidense da década dos 70. Xogou durante 13 tempadas na NBA, dez delas para os New York Knicks. Na actualidade é comentarista deportivo para a televisión.

Walt Frazier
Posición Base
Dorsal 10, 11
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Nacemento 29 de marzo de 1945 (79 anos)
Estado de Xeorxia Atlanta, Xeorxia
Carreira
Universidade Southern Illinois
NBA Draft 1967 / Rolda: 1 / Elección: 5
Por New York Knicks
Tempadas 19671980
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     15 581 (18,9 pp)
Rebotes     4 830 (5,9 pp)
Asistencias     5 040 (6,1 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  Basketball Hall of Fame como xogador

Traxectoria deportiva editar

Universidade editar

Logo dunha existosa carreira coma xogador no seu instituto, tivo difícil elixir universidade no seu estado de nacemento, Xeorxia, debido á segregación racial que naquela época marcaba a política de universidades coma Georgia Tech ou outras universidades do sur, que non admitían alumnos afroamericanos. Tivo que trasladarse ao estado de Illinois para poder competir alí na pequena Universidade de Southern Illinois, da II División da NCAA. Promediou, en dúas tempadas, 17,7 puntos e 10,6 rebotes.

NBA editar

Foi elixido na quinta posición da primeira rolda do Draft da NBA por New York Knicks. Naquela época gañou o alcume de "Clyde" por levar un sombreiro similar ao de Warren Beatty na película Bonnie e Clyde. A marca deportiva Puma ten nos seus modelos unha edición dedicada a el: as míticas Puma Clyde, sendo o primeiro xogador de baloncesto profesional en dar o máximo rendemento cunhas deportivas de perfil baixo e con cores non tradicionais. No seu primeiro ano foi elixido no mellor quinteto de novatos da liga.

Durante as súas dez tempadas nos Knicks conseguiu dous aneis de campión da NBA nos anos 1970 e 1973. Foi 7 veces All Star e formou parte do mellor quinteto da tempada en 4 ocasións. Rematou a súa carreira en Cleveland Cavaliers. As súas medias durante todas estas tempadas foron de 18,9 puntos, 5,9 rebotes e 6,1 asistencias.

Equipos editar

New York Knicks (1967-1977)
Cleveland Cavaliers (1977-1980)

Logros persoais editar

  • 7 veces All Star (MVP en 1975).
  • Incluído en 4 ocasións no mellor quinteto da liga.
  • A súa camiseta co número 10 foi retirada polos Knicks en 1979.
  • Membro do Basketball Hall of Fame dende 1987.
  • Elixido un dos 50 mellores xogadores da historia da NBA en 1996.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar