Dave Cowens
David William Cowens, nado o 25 de outubro de 1948 en Newport, Kentucky, é un antigo xogador de baloncesto estadounidense da década dos 70. Xogou na posición de pivote, e practicamente toda a súa carreira transcorreu en Boston Celtics. Actualmente é asistente do Presidente de Operacións Baloncestíticas dos Detroit Pistons Joe Dumars.
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 25 de outubro de 1948 ![]() Newport, Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | Kentucky Newport ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Newport Central Catholic High School (en) ![]() Universidade Estatal de Florida ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 206 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 105 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1970 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Partido político | Partido Republicano ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote, Ala e Pivote ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nai | Ruth Ellen Cowens ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria deportiva
editarUniversidade
editarOs seus anos colexiais transcorreron, entre 1966 e 1970 na Universidade de Florida State, cunha media de 19,0 puntos e 17,2 rebotes por partido. Nunha ocasión conseguiu 31 rebotes nun partido, sendo esta a segunda mellor marca da historia.
NBA
editarFoi seleccionado polos Boston Celtics no Draft da NBA de 1970 na cuarta posición da primeira rolda. Foi criticado por ser considerado demasiado baixo para xogar de pivote, pero o adestrador de pivotes dos Celtics, Bill Russell, confiou nel, e non decepcionou, xa que na súa primeira tempada cos profesionais conseguiu unhas medias de 17 puntos e 15 rebotes, compartindo o premio de Rookie do Ano da NBA co xogador de Portland Geoff Petrie.
En 1973, cunhas medias de 20,5 puntos e 16,2 rebotes por partido, foi elixido MVP da liga e do All-Star Game. Tivo unha media ao longo da súa carreira 17,6 puntos e 13,6 rebotes. Disputou sete All Star e gañou dous aneis cos Celtics, en 1974 e 1976.
Adestrador
editarA súa primeira experiencia nos bancos foi na tempada 1979-80, cando desempeñou funcións de xogador-adestrador cos Boston Celtics. En 1984 fíxose cargo dos Bay State Bombardiers da CBA durante unha tempada.[1] Regresou á NBA sendo adestrador asistente de San Antonio Spurs entre 1994 e 1996, facéndose cargo ao ano seguinte como adestrador principal dos Charlotte Hornets, equipo ao que logrou clasificar nos seus dúas primeiras tempadas para os playoffs.[2] Ao ano seguinte, na tempada 1998-99, tras un mal comezo, gañando unicamente catro dos seus primeiros 15 partidos, foi substituído no cargo por Paul Silas.[3]
Tras unha tempada en branco, regresou aos bancos para facerse cargo dos Golden State Warriors, na tempada 2000-01, onde permaneceu tempada e media, antes de ser substituído por Brian Winters.
Logros persoais
editar- Rookie do Ano no ano 1971.
- MVP da liga e do All-Star Game en 1973.
- Elixido para sete All-Star Game.
- Membro do Basketball Hall of Fame dende 1991.
- Elixido un dos "50 mellores xogadores da historia da NBA" en 1996.
Estatísticas
editarTempada regular
editarTemp. | Idade | Equipo | Liga | P | TIT | MIN | TC | TCA | %TC | 3P | 3PA | %3P | TL | TLA | %TL | R.OF. | R.DEF. | REB | ASIS | ROU | TAP | PER | FP | PTS |
1970-71 | 22 | Boston | NBA | 81 | 38.0 | 6.8 | 16.1 | .422 | 3.4 | 4.6 | .732 | 15.0 | 2.8 | 4.3 | 17.0 | |||||||||
1971-72 | 23 | Boston | NBA | 79 | 40.3 | 8.3 | 17.2 | .484 | 2.2 | 3.1 | .720 | 15.2 | 3.1 | 4.0 | 18.8 | |||||||||
1972-73 | 24 | Boston | NBA | 82 | 41.8 | 9.0 | 20.0 | .452 | 2.5 | 3.2 | .779 | 16.2 | 4.1 | 3.8 | 20.5 | |||||||||
1973-74 | 25 | Boston | NBA | 80 | 41.9 | 8.1 | 18.4 | .437 | 2.9 | 3.4 | .832 | 3.3 | 12.4 | 15.7 | 4.4 | 1.2 | 1.3 | 3.7 | 19.0 | |||||
1974-75 | 26 | Boston | NBA | 65 | 40.5 | 8.8 | 18.4 | .475 | 2.9 | 3.8 | .783 | 3.5 | 11.2 | 14.7 | 4.6 | 1.3 | 1.1 | 3.7 | 20.4 | |||||
1975-76 | 27 | Boston | NBA | 78 | 39.8 | 7.8 | 16.7 | .468 | 3.3 | 4.4 | .756 | 4.3 | 11.7 | 16.0 | 4.2 | 1.2 | 0.9 | 4.0 | 19.0 | |||||
1976-77 | 28 | Boston | NBA | 50 | 37.8 | 6.6 | 15.1 | .434 | 3.2 | 4.0 | .818 | 2.9 | 11.0 | 13.9 | 5.0 | 0.9 | 1.0 | 3.6 | 16.4 | |||||
1977-78 | 29 | Boston | NBA | 77 | 41.8 | 7.8 | 15.8 | .490 | 3.1 | 3.7 | .842 | 3.2 | 10.8 | 14.0 | 4.6 | 1.3 | 0.9 | 2.8 | 3.9 | 18.6 | ||||
1978-79 | 30 | Boston | NBA | 68 | 37.0 | 7.2 | 14.9 | .483 | 2.2 | 2.8 | .807 | 2.2 | 7.4 | 9.6 | 3.6 | 1.1 | 0.8 | 2.6 | 3.9 | 16.6 | ||||
1979-80 | 31 | Boston | NBA | 66 | 55 | 32.7 | 6.4 | 14.1 | .453 | 0.0 | 0.2 | .083 | 1.4 | 1.8 | .779 | 1.9 | 6.2 | 8.1 | 3.1 | 1.0 | 0.9 | 1.6 | 3.3 | 14.2 |
1982-83 | 34 | Milwaukee | NBA | 40 | 34 | 25.4 | 3.4 | 7.7 | .444 | 0.0 | 0.1 | .000 | 1.3 | 1.6 | .825 | 1.8 | 5.0 | 6.9 | 2.1 | 0.8 | 0.4 | 1.1 | 3.4 | 8.1 |
Total | NBA | 766 | 89 | 38.6 | 7.5 | 16.3 | .460 | 0.0 | 0.1 | .071 | 2.6 | 3.4 | .783 | 3.0 | 9.8 | 13.6 | 3.8 | 1.1 | 0.9 | 2.2 | 3.8 | 17.6 |
Playoffs
editarTemp. | Idade | Equipo | Liga | P | MIN | TCA | TC | 3PA | 3P | TLA | TL | R.OF. | REB | ASIS | ROU | TAP | PER | FP | PTS | %TC | %3P | %FT | MIN | PTS | REB | AST |
1971-72 | 23 | Boston | NBA | 11 | 441 | 71 | 156 | 28 | 47 | 152 | 33 | 50 | 170 | .455 | .596 | 40.1 | 15.5 | 13.8 | 3.0 | |||||||
1972-73 | 24 | Boston | NBA | 13 | 598 | 129 | 273 | 27 | 41 | 216 | 48 | 54 | 285 | .473 | .659 | 46.0 | 21.9 | 16.6 | 3.7 | |||||||
1973-74 | 25 | Boston | NBA | 18 | 772 | 161 | 370 | 47 | 59 | 60 | 240 | 66 | 21 | 17 | 85 | 369 | .435 | .797 | 42.9 | 20.5 | 13.3 | 3.7 | ||||
1974-75 | 26 | Boston | NBA | 11 | 479 | 101 | 236 | 23 | 26 | 49 | 181 | 46 | 18 | 6 | 50 | 225 | .428 | .885 | 43.5 | 20.5 | 16.5 | 4.2 | ||||
1975-76 | 27 | Boston | NBA | 18 | 798 | 156 | 341 | 66 | 87 | 87 | 296 | 83 | 22 | 13 | 85 | 378 | .457 | .759 | 44.3 | 21.0 | 16.4 | 4.6 | ||||
1976-77 | 28 | Boston | NBA | 9 | 379 | 66 | 148 | 17 | 22 | 29 | 134 | 36 | 8 | 13 | 37 | 149 | .446 | .773 | 42.1 | 16.6 | 14.9 | 4.0 | ||||
1979-80 | 31 | Boston | NBA | 9 | 301 | 49 | 103 | 0 | 2 | 10 | 11 | 18 | 66 | 21 | 9 | 7 | 8 | 37 | 108 | .476 | .000 | .909 | 33.4 | 12.0 | 7.3 | 2.3 |
Total | NBA | 89 | 3768 | 733 | 1627 | 0 | 2 | 218 | 293 | 243 | 1285 | 333 | 78 | 56 | 8 | 398 | 1684 | .451 | .000 | .744 | 42.3 | 18.9 | 14.4 | 3.7 |
Notas
editar- ↑ "Sports Legacy". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2007. Consultado o 28 de marzo de 2010.
- ↑ Charlotte Hornets Historical Moments
- ↑ "1998-99 Charlotte Hornets". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2010. Consultado o 28 de marzo de 2010.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Biografía de Cowens en NBA.com
- páxina de Cowens na web do Basketball Hall of Fame
- Estatísticas de Dave Cowens Arquivado 28 de abril de 2010 en Wayback Machine.
- Todo sobre Dave Cowens Arquivado 06 de maio de 2010 en Wayback Machine.