Sam Cassell

baloncestista estadounidense

Samuel James Cassell, nado o 18 de novembro de 1969 en Baltimore, Maryland, é un ex xogador de baloncesto estadounidense que xogou durante 15 tempadas na NBA. Con 1,91 metros xogaba na posición de base. Actualmente é adestrador asistente dos Washington Wizards.

Modelo:BiografíaSam Cassell

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1969 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Baltimore, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de Florida
Paul Laurence Dunbar High School (en) Traducir
Maine Central Institute (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura190 cm Editar o valor en Wikidata
Peso84 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor en Wikidata - 2009 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Convocado porHouston Rockets Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Phoenix Suns
Minnesota Timberwolves
Los Angeles Clippers
Dallas Mavericks
Houston Rockets
Boston Celtics
Brooklyn Nets
Washington Wizards
Milwaukee Bucks
1991–1993 Florida State Seminoles

Traxectoria

editar

Universidade

editar

Xogou durante dous anos na Universidade Estatal de Florida, nos que acadou 18,3 puntos, 4,4 rebotes e 4,4 asistencias por partido.

Profesional

editar

Foi elixido no post 24 da primeira rolda do Draft da NBA de 1993 polos Houston Rockets, onde xogou tres tempadas, axudando ao seu equipo na consecución de dous aneis de campión, en 1994 e 1995. Tras ser traspasado, na tempada 1996-97 xogou en tres equipos diferentes: Phoenix Suns, Dallas Mavericks e, finalmente, New Jersey Nets, onde quedou dúas tempadas máis. Ao longo de toda a súa traxectoria estivo envolto en múltiples traspasos, algo sorprendente tendo en conta o seu rendemento, xa que, salvo as súas dúas primeiras tempadas, sempre obtivo cifras en torno aos 16 puntos e 8 asistencias por partido, sendo peza chave en cada un dos equipos polos que pasou. En 1999 foi traspasado aos Milwaukee Bucks, onde permaneceu ata 2003, onde de novo fixo as maletas para ir xogar aos Minnesota Timberwolves, equipo que no 2005 o traspasa de novo aos Clippers, onde rende a un alto nivel na súa primeira tempada, levando ao seu equipo ás semifinais da Conferencia Oeste da NBA.

Na tempada 2006-07, a pesar dos seus 37 anos, seguiu rendendo a un bo nivel conseguindo 12,5 puntos e 4,8 asistencias en case 25 minutos de xogo por partido. Tras ser cortado polos Clippers en marzo de 2008, Cassell fichou polos Boston Celtics, onde se converteu no base suplente de Rajon Rondo e o perfecto complemento que axudou aos Boston Celtics a conseguiren o anel de campión no ano 2008. Sam Cassell, con 15 tempadas na competición, confirmou a súa retirada e o seu paso ao corpo técnico dos Washington Wizards, onde se reencontrou con Flip Saunders, o seu adestrador nos Timberwolves en 2004, cando Cassell fixo a súa única aparición nun encontro 'All Star'.

Cassell xogou un total de 993 partidos de liga regular con oito equipos diferentes, nos que se anotou 15.7 puntos e 6 asistencias por encontro. O base gañou dous aneis con Houston Rockets (1994 e 1995) e un en 2008 cos Boston Celtics.

Logros persoais

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar