Robert L. "Bob" Dandridge, nado o 15 de novembro de 1947 en Richmond, Virxinia, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que disputou trece tempadas na NBA. Con 1,98 metros de altura xogaba na posición de escolta.

Infotaula de personaBob Dandridge
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Richmond, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónMaggie L. Walker Governor's School for Government and International Studies (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura198 cm Editar o valor em Wikidata
Peso89 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista , adestrador de baloncesto Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1969 Editar o valor em Wikidata - 1981 Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
LigaNational Basketball Association Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoAla e Escolta Editar o valor em Wikidata
Convocado porMilwaukee Bucks Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Washington Wizards
- Milwaukee Bucks Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3055089 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria deportiva

editar

Universidade

editar

Xogou durante catro tempadas cos Spartans da Universidade de Norfolk State, cos que gañou o campionato da CIAA en 1968 tras vencer en 25 dos 27 partidos disputados esa tempada. Tras finalizar a súa carreira converteuse no sétimo máximo anotador (1740 puntos) e reboteador (998) da historia de Norfolk State.[1] Foi elixido All-American.[2]

Profesional

editar

Foi elixido na cuarta rolda do Draft da NBA de 1969, no posto 45, por Milwaukee Bucks. A pesar do baixo da súa elección, rapidamente se fixo co posto de titular, sendo elixido ese ano no Mellor quinteto de rookies da NBA, tras facer 13,2 puntos, 7,7 rebotes e 3,6 asistencias por partido.[3] Ao ano seguinte, coa incorporación ao equipo de Oscar Robertson e o liderado de Kareem Abdul-Jabbar, conseguiron gañar o seu primeiro anel de campións da NBA, sendo o terceiro xogador máis importante tras os dous mencionados, achegando 18,4 puntos e 8 rebotes por encontro.[4]

Xogou outro seis tempadas cos Bucks, mantendo sempre unhas excelentes medias, sen baixar nunca dos 18 puntos e 6 rebotes por partido. Na tempada 1977-78, xa con 30 anos, foi traspasado a Washington Bullets, onde se atopou con outro dúo de futuros membros do Basketball Hall of Fame, Elvin Hayes e Wes Unseld. Xunto a eles gañaría o seu segundo e último anel de campión da NBA, tras derrotar nas Finais a Seattle SuperSonics por 4-3. Dandridge foi o segundo máximo anotador do equipo tras Hayes.[5] Tras catro anos nos Bullets, regresou a Milwaukee na tempada 1981-82, mais soamente disputaría once partidos antes de retirarse definitivamente. Nas súas 13 tempadas fixo 18,5 puntos e 6,8 rebotes por partido.

Equipos

editar

Adestrador

editar

En 2005 foi contratado como adestrador do equipo de Long Island da ABA.[6]

  1. Former NSU Greats Kirkland, Dandridge to be Featured in ESPN's "Black Magic"
  2. Bob Dandridge to Coach 2005 Long Island Team
  3. "1969-70 NBA Season Summary". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2017. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  4. "1970-71 Milwaukee Bucks". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2010. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  5. "1977-78 Washington Bullets". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2010. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  6. "ABA Expansion Team Hires NBA Legend Bob Dandridge to Coach 2005 Long Island Team". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2006. Consultado o 11 de abril de 2010. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar