Doug Christie
Douglas Dale Christie, nado o 9 de maio de 1970 en Seattle, Washington, é un xogador de baloncesto estadounidense retirado que xogou 15 tempadas na NBA. Mide 1,98 metros e xogaba de escolta.
Doug Christie | |
---|---|
Posición | Escolta |
Dorsal | 1, 7, 8, 13, 21, 35 |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 93 kg (205 lb) |
Nacemento | 9 de maio de 1970 (52 anos)![]() |
Carreira | |
Universidade | Pepperdine |
NBA Draft | 1992 / Rolda: 1 / Elección: 17 Por Seattle SuperSonics |
Tempadas | 1993–2007 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 9 301 |
Rebotes | 3 382 |
Asistencias | 2 992 |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
|
TraxectoriaEditar
UniversidadeEditar
Despois de gañar o campionato estatal co seu instituto, elixiu Pepperdine para a súa carreira universitaria. Tras tres tempadas nas que acadou 16 puntos, 5,1 rebotes e 4,5 asistencias, conseguiu ser coñecido a nivel nacional, e que os equipos profesionais se fixaran nel.
ProfesionalEditar
Foi elixido no posto 17 do Draft da NBA de 1992 polos Seattle SuperSonics, pero debido a un problema de contrato, nunca chegou a xogar na súa cidade, sendo traspasado xa avanzada a tempada a Los Angeles Lakers. Alí estivo durante tempada e media, pero foi usado moi pouco polo seu adestrador. Foi traspasado aos New York Knicks, pero tampouco tivo sorte, debido en parte ás lesións que lle fixeron perderse moitos partidos. A mediados da tempada 1995-96 foi de novo traspasado aos Toronto Raptors, onde por fin conseguiu un oco no cinco inicial e puido amosar as súas cualidades. No seus 5 anos no Canadá obtivo unhas boas cifras de máis de 14 puntos e 2 roubos de balón por partido, aparecendo sempre entre os primeiros da liga neste apartado.
Na tempada 2000-01 foi traspasado a Sacramento Kings, onde se amosou coma un extraordinario defensor, aparecendo durante 4 anos consecutivos nos mellores quintetos defensivos da liga. A pesar diso, foi traspasado a Orlando Magic en 2005 a cambio de Cuttino Mobley, onde tras unha lesión no seu xeonllo foi despedido. Asinou entón un contrato dun ano cos Dallas Mavericks, pero de novo os problemas no seu xeonllo o apartaron do equipo. Na tempada 2006-07 asinou dous contratos de 10 días con Los Angeles Clippers, tras os cales viuse de novo no paro. Na actualidade recupérase dos seus problemas de xeonllo, e atópase na situación de axente libre. Nos seus 15 anos coma profesional asinou 11,2 puntos, 4,1 rebotes e 1,9 roubos de balón.
EquiposEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Doug Christie en NBA.com (en inglés)
- Estadísticas de Doug Christie Arquivado 13 de maio de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)