Harrison Barnes

baloncestista estadounidense

Harrison Bryce Jordan Barnes, nado o 30 de maio de 1992 en Ames, Iowa, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA).

Harrison Barnes
Sacramento Kings – No. 40
Posición Ala
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 30 de maio de 1992 (31 anos)
Ames, Iowa
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Información da carreira
Instituto Ames (Ames, Iowa)
Universidade North Carolina (2010–2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 1 / Elección: 7
Por Golden State Warriors
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Golden State Warriors (2012–2016)
Dallas Mavericks (2016–2019)
Sacramento Kings (2019–presente)
Premios e galardóns
Campión NBA (2015)
Información en nba.com

Traxectoria universitaria editar

Barnes anotou 21 puntos no seu debut con North Carolina nun partido de exhibición nas Bahamas contra os Commonwealth Bank Giants. UNC gañou o partido por 130-87.[1] O 1 de novembro de 2010, Barnes foi incluído no equipo All-American da pretempada por Associated Press. Foi o primeiro xogador de primeiro ano en recibir esta honra.[2] No seu debut oficial con North Carolina, anotou 14 puntos e capturou 4 rebotes contra Lipscomb.[3] Conseguiu o seu primeiro dobre-dobre o 11 de decembro de 2010 na vitoria por 96-91 contra a Universidade de Long Beach State, ó conseguir 19 puntos e 10 rebotes.[4]

Barnes conseguiu a maior anotación da súa carreira universitaria contra Clemson o 12 de marzo de 2011, ó anotar 40 puntos, ademais de capturar 8 rebotes. Ademais, os 40 puntos de Barnes foron o maior número de puntos anotados por un xogador de primeiro ano nun partido do Torneo da ACC.[5] O 18 de abril de 2011, Barnes anunciou a súa intención de xogar de novo para North Carolina na súa tempada coma sophomore.

Traxectoria profesional editar

O 28 de xuño de 2012, Barnes foi elixido na 7ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Golden State Warriors.

O 9 de xullo de 2016, Barnes asinou un contrato por catro anos e 94 millóns de dólares cos Dallas Mavericks.[6]

O 6 de febreiro de 2019, Barnes foi traspasado ós Sacramento Kings a cambio de Zach Randolph e Justin Jackson.[7]

Notas editar

  1. "Impressive debut for Barnes in the Bahamas – ACC Insider - Wilmington Star News - Wilmington, NC - Archive". Acc.blogs.starnewsonline.com. 2010-08-11. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2012. Consultado o 2010-08-24. 
  2. Jim O'Connell (2010-11-01). "Singler, Pullen top AP preseason All-America team". Yahoo! News. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2010. Consultado o 2010-11-03. 
  3. "Super freshman Harrison Barnes scores 14 as UNC rolls in opener". ESPN News. 12 de novembro de 2010. Consultado o 12 de novembro de 2010. 
  4. "Harrison Barnes Records First Career Double Double". CarolinaUpdate.com. 12 de decembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2011. Consultado o 3 de xaneiro de 2011. 
  5. "Tar Heels seal spot in ACC final as Harrison Barnes scores season-high 40". ESPN News. March 12, 2011. Consultado o March 12, 2011. 
  6. "Mavericks sign forward Harrison Barnes". mavs.com. 9 de xullo de 2016. Consultado o 9 de xullo de 2016. 
  7. "Kings Acquire Forward Harrison Barnes". NBA.com. 6 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar