Zach Randolph
Zachary McKenley Randolph, nado o 16 de xullo de 1981 en Marion, Indiana, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense. Antes de ser profesional xogou para a Universidade de Michigan State entre 2000 e 2001, sendo posteriormente seleccionado no Draft da NBA por Portland Trail Blazers. Despois do equipo do estado de Oregón, xogou nos New York Knicks e en Los Angeles Clippers.
(2009) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 16 de xullo de 1981 (43 anos) Marion, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | Indiana Marion (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Marion High School (en) Universidade Estatal de Míchigan | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 206 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 118 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2001 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 50 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Portland Trail Blazers | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarInstituto e universidade
editarNado no estado de Indiana, Zach Randolph formouse no instituto da súa cidade natal, Marion. Alí xogou durante dous anos no seu equipo de baloncesto, liderandoo a conseguir dous títulos estatais. A súa boa actuación levouno a xogar no baloncesto universitario, onde formou parte dos "Spartans" de Michigan State. Porén, tan só permaneceu alí unha temporada até declararse escollíbel para o Draft da NBA. No Draft foi seleccionado no posto 19 da primeira rolda polos Portland Trail Blazers.
NBA
editarXa como profesional na National Basketball Association (NBA), formou xunto ao novato Brandon Roy e ao base de segundo ano Jarrett Jack, o alicerce do rexurdimento dos Portland Trail Blazers tras varios campionatos de frustracións. Na temporada 2003−04 gañou o premio ao Xogador Máis Mellorado, tras unha melloría nos seus números espectacular, pasando de facer unha media de 3,4 puntos e 0,5 rebotes por partido durante a temporada 2002−03 até os 10,1 puntos e 3,5 rebotes o ano aseguinte. No 2004, asinou un contrato de 6 anos por 36 millóns de dólares.
En xuño de 2007, foi traspasado aos New York Knicks, compartindo vestiario, entre outros, con Eddy Curry, Jamal Crawford e Stephon Marbury. O 21 de novembro de 2008, foi traspasado a Los Angeles Clippers xunto con Mardy Collins a cambio de Cuttino Mobley e Tim Thomas.[1] O 17 de xullo de 2009, foi traspasado a Memphis Grizzlies a cambio de Quentin Richardson.[2] Nesta tempada, Randolph mantén os números do ano pasado sendo o líder os Grizzlies xunto con O.J. Mayo e Marc Gasol. Desde a súa chegada aos Grizzlies mantén unha media de puntos e rebotes superior ao 15-10. Debido ao seu bo rendemento, foi convocado dúas veces para xogar o partido do All-Star da NBA (2010, 2013) e seleccionado unha vez para o Terceiro equipo All-NBA (2011).
O 6 de febreiro de 2019, Randolph foi traspasado xunto a Justin Jackson ós Dallas Mavericks a cambio de Harrison Barnes.[3] Dous días máis tarde foi cortado polos Mavericks.[4]
Notas
editar- ↑ Martorell, Pau (21 de novembro de 2008). "Siguen los movimientos en NYC. Zach Randolph a los Clippers". Ultimate NBA (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2014. Consultado o 13 de agosto de 2015. Arquivado 28 de novembro de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ "Grizzlies acquire Zach Randolph from Clippers". NBA.com (en inglés). 2009. Consultado o 13 de agosto de 2015.
- ↑ "Kings Acquire Forward Harrison Barnes". NBA.com. 6 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019.
- ↑ "Mavericks waive Zach Randolph after trade with Kings". ESPN.com. 8 de febreiro de 2019. Consultado o 8 de febreiro de 2019.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball Reference Arquivado 02 de maio de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)