Marc Gasol

baloncestista español

Marc Gasol Sáez, nado en Barcelona o 29 de xaneiro de 1985, é un xogador catalán de baloncesto profesional que xoga no Bàsquet Girona da Liga ACB. Foi elixido na segunda rolda do Draft da NBA de 2007, na 48ª posición, polos Los Angeles Lakers. É o segundo español en vencer o título da NBA tras o seu irmán máis vello Pau Gasol.

Modelo:BiografíaMarc Gasol

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Marc Gasol i Sáez Editar o valor en Wikidata
29 de xaneiro de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBarcelona
Memphis Editar o valor en Wikidata
EducaciónLausanne Collegiate School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura216 cm Editar o valor en Wikidata
Peso120 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2003 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaAsociación de Clubs de Baloncesto, National Basketball Association e Liga Espanhola de Basquetebol (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote e Ala-pivote Editar o valor en Wikidata
Número deportivo45 Editar o valor en Wikidata
Convocado porLos Angeles Lakers, 48º (2007) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2004–2006 FC Barcelona Bàsquet (Pivote)
2006–2008 CB Sant Josep (Pivote)
2008–2018 Memphis Grizzlies (Pivote)
2019–2020 Toronto Raptors
2020–2021 Los Angeles Lakers (Pivote, Ala-pivote)
2021– Bàsquet Girona
Participou en
2021Basquetebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Masculino (pt) Traducir (6º)
2019Campionato do Mundo de Baloncesto de 2019
2017Campionato europeo de baloncesto de 2017
2014Campionato do Mundo de Baloncesto de 2014
2013Campionato Europeo de Baloncesto Masculino de 2013
2012Baloncesto masculino nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 (2º)
2011Campionato europeo de baloncesto de 2011
2010Campionato do Mundo de Baloncesto de 2010
2009Campionato europeo de baloncesto de 2009
2008Basquetebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - Masculino (pt) Traducir (2º)
2007Campionato europeo de baloncesto de 2007
2006Campionato mundial de baloncesto de 2006 Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsPau Gasol Editar o valor en Wikidata
Premios

Facebook: marcgasol Twitter: MarcGasol Instagram: marcgasol Editar o valor en Wikidata

Traxectoria profesional

editar

Tras a súa graduación en Laussane, Gasol volveu a España para xogar na Liga ACB. Xogou no FC Barcelona antes de fichar polo Akasvayu Girona, onde xogou dúas tempadas e foi nomeado MVP da liga en 2008.

Gasol foi elixido na 48ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Los Angeles Lakers. O 1 de febreiro de 2008, os seus dereitos foron traspasados aos Memphis Grizzlies, como parte do traspaso do seu irmán máis vello, Pau, aos Lakers. O 23 de xuño de 2008, asinou o seu contrato cos Grizzlies.[1] Ao remate da tempada 2010-11 será un axente libre non restrinxido.

Gasol comezou a súa tempada coma rookie con éxito, anotando 10 ou máis puntos en 10 partidos seguidos, con 49 de 84 tiros, en outubro de 2008.[2]

Gasol conseguiu bater a marca da franquía dun rookie con maior porcentaxe de tiros campo ao remate da tempada, cun 53%. A marca anterior a tiña o seu irmán Pau, cun 51.8% de tiros de campo na súa tempada coma rookie.[3]

Na tempada 2011-12, foi elixido por primeira vez para disputar o All-Star Game da NBA.[4]

O 7 de febreiro de 2019, Gasol foi traspasado ós Toronto Raptors a cambio de C. J. Miles, Jonas Valančiūnas, Delon Wright e unha elección da segunda rolda do Draft.[5] Ese mesmo ano conseguiu ser o terceiro español en disputar unha final da NBA tras o seu irmán máis vello, Pau Gasol, e José Manuel Calderón; e o segundo en gañar o título.

O 24 de novembro de 2020, Gasol asinou cos Los Angeles Lakers.[6]

Selección española

editar
Cadro de medallas
Baloncesto
  España
Xogos Olímpicos
  Pequín 2008 España
  Londres 2012 España
Campionato do Mundo da FIBA
  Xapón 2006 España
  China 2019 España
EuroBasket
  España 2007 España
  Polonia 2009 España
  Lituania 2011 España
  Eslovenia 2013 España

Gasol foi parte da selección española de baloncesto que gañou a medalla de ouro do Campionato do Mundo da FIBA no ano 2006, sendo a súa primeira experiencia coa selección absoluta nun torneo oficial. Tamén foi parte da selección española en catro europeos consecutivos gañando catro medallas: medalla de prata no Eurobasket 2007 en España, a medalla de ouro no Eurobasket 2009 en Polonia e en Lituania 2011, e por último en Eslovenia 2013 un bronce ademais de ser incluído no quinteto ideal do torneo. Por outra banda, participou en dous Xogos Olímpicos: Pequín 2008 e Londres 2012, no que conseguiu a prata contra os Estados Unidos en ambos. A súa última participación co combinado nacional foi no Mundial da China do 2019 conseguindo un ouro mundial contra a Arxentina, sendo incluído xunto Ricky Rubio no quintento ideal.

É un dos seis xogadores que gañou un torneo mundial (Mundial ou Olimpiadas) máis o campionato da NBA nun mesmo ano.

Galardóns

editar

Selección española

editar
  • Campionato do Mundo da FIBA 2006: Medalla de ouro
  • Eurobasket 2007 (España): Medalla de prata
  • Xogos Olímpicos de 2008 (Pequín): Medalla de prata
  • EuroBasket 2009 (Polonia): Medalla de ouro
  • EuroBasket 2011 (Lituania): Medalla de ouro
  • Eurobasket 2013 (Eslovenia): Medalla bronce
  • Eurobasket 2017 (Romanía, Finlandia, Turquía): Medalla bronce
  • Campionato do Mundo da FIBA 2019: Medalla de ouro
  1. "Grizzlies sign Gasol.". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2010. Consultado o 04 de xuño de 2011. 
  2. Marc Gasol Game Log - 2008-09.
  3. ESPN.com recap.
  4. "2012 All-Star Player Profiles: Marc Gasol". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2012. Consultado o 13 de febreiro de 2012. 
  5. "Raptors Acquire Gasol From Grizzlies". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 
  6. Lakers sign Marc Gasol

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar