Bàsquet Girona
O Bàsquet Girona é un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Xirona, Cataluña, que xoga actualmente na Liga ACB. Fundado no ano 2014 por Marc Gasol co nome de Club Escola Bàsquet Marc Gasol, chegou á máxima categoría do baloncesto español por primeira vez en 2022. Xoga os seus encontros como local no Pavelló Girona-Fontajau, recinto con capacidade para 5 500 espectadores.
Bàsquet Girona | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Bàsquet Girona |
Liga | ACB |
Fundación | 2014 |
Historia | CEB Marc Gasol (2014–2016) CEB Girona Marc Gasol (2016–2017) |
Cores | Vermello, branco |
Presidente | Marc Gasol |
Adestrador | Aíto García Reneses |
Localización | |
Cidade | Xirona, España |
Pavillón | Pavelló Girona-Fontajau |
Capacidade | 5 500 |
basquetgirona.com |
- Para o equipo de baloncesto de Xirona que competiu entre 1988 e 2008 na Liga ACB, véxase CB Sant Josep.
Historia
editarO club foi fundado no ano 2014 polo xogador daquela xogador da NBA Marc Gasol. O propio Gasol foi o primeiro presidente e bautizou ao equipo co nome de "Club Escola Bàsquet Marc Gasol".[1] Acompañando a Marc Gasol estaban Alex Formento como vicepresidente, Marc Pena de director deportivo e Jesús Escosa como secretario técnico.[1] Debutou con cinco equipos que competían en diferentes categorías de base. No ano 2016 engadiuse o nome da cidade ao nome do club, mudando a "Escola de Bàsquet Girona Marc Gasol" e un ano máis tarde, mudou outra vez ao actual Baloncesto Xirona. Co obxectivo de arraigar, de novo, un proxecto profesional de baloncesto para a cidade, en 2017 o Bàsquet Girona crea o seu primeiro equipo sénior, o cal debutou na tempada 2017−18 da Liga EBA, a cuarta categoría do baloncesto español, con Quim Costa de adestrador. Ao acabar a primeira tempada o club aproveitou a ampliación a 24 equipos da Liga LEB Prata para ascender unha categoría.
Após dúas temporadas na terceira categoría do baloncesto español, na tempada 2019−20 a temporada finaliza prematuramente á pandemia mundial causada pola COVID-19, co Girona en segundo posición, o que lle serve para ascender directamente á LEB Ouro. O 25 de novembro de 2021, durante a primeira temporada do na segunda categoría, o presidente Marc Gasol incorpórase ao elenco de xogadores do equipo, axudando ao seu club a ascender á Liga ACB após vencer ao Movistar Estudiantes na Final Four disputada en Xirona.
Xogadores
editarCadro actual
editarBàsquet Girona 2022−2023 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Destacados
editarAdestradores
editar- Quim Costa (2017−2019)
- Àlex Formento (2019−2020)
- Carles Marco (2020−2021)
- Jordi Sargatal (2021−2022)
- Aíto García Reneses (2022−presente)
Historial
editarAno | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2017−18 | 4 | EBA | 3º | 17–9 | |||
2018−19 | 3 | LEB Prata | 9º | 18–16 | |||
2019−20 | 3 | LEB Prata | 2º | 19–6 | Copa LEB Prata | 2º | |
2020−21 | 2 | LEB Ouro | 14º | 12–14 | |||
2021−22 | 2 | LEB Ouro | 4º | 21–13 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Marc Gasol funda un club escuela en Girona". FEB (en castelán). 20 de maio de 2014.