Pau Gasol

baloncestista español

Pau Gasol Sáez, nado en Barcelona o 6 de xullo de 1980, é un xogador catalán de baloncesto. Dende 2021 xoga no FC Barcelona da Liga ACB.

Infotaula de personaPau Gasol

(2022) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ca) Pau Gasol i Sáez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Pau Gasol Sáez Editar o valor em Wikidata
6 de xullo de 1980 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBarcelona
Os Ánxeles Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Altura215 cm Editar o valor em Wikidata
Peso113 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBaloncesto Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbaloncestista , actor , atleta profesional Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor em Wikidata - 2021 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá, lingua inglesa, lingua castelá, lingua francesa e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
LigaNational Basketball Association e Liga ACB Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoAla-pivote e Pivote Editar o valor em Wikidata
Número deportivo16 Editar o valor em Wikidata
Convocado porAtlanta Hawks Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1998-2001 FC Barcelona Bàsquet
2001-2008 Memphis Grizzlies (Pivote, Ala-pivote)
2008-2014 Los Angeles Lakers (Pivote, Ala-pivote)
2014-2016 Chicago Bulls (Ala-pivote, Pivote)
2016-2019 San Antonio Spurs (Ala-pivote, Pivote)
2019-2019 Milwaukee Bucks 3
2019-2020 Portland Trail Blazers 0(0)
2021-2021 FC Barcelona Bàsquet Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç=
2001-2021   España Editar o valor em Wikidata
Participou en
2020Basquetebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Masculino (pt) Traducir (6º)
2017Campionato europeo de baloncesto de 2017
2016Basquetebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 – Torneio masculino (pt) Traducir (3º)
2015Campionato europeo de baloncesto de 2015
2014Campionato do Mundo de Baloncesto de 2014
2012Baloncesto masculino nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 (2º)
2011EuroBasket 2011 (pt) Traducir
2009EuroBasket 2009 (pt) Traducir
2008Basquetebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - Masculino (pt) Traducir (2º)
2007Campionato europeo de baloncesto de 2007
2006Campionato mundial de baloncesto de 2006
2004basketball at the 2004 Summer Olympics – men's tournament (en) Traducir (7º)
2003EuroBasket 2003 (pt) Traducir
2002Campionato mundial de baloncesto de 2002
2001EuroBasket 2001 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsMarc Gasol e Adrià Gasol (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webpaugasol.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2276921 Allocine: 415036
Facebook: paugasol Twitter: paugasol Instagram: paugasol Youtube: UCxUNFfJ3ao8M65yrBJ4LhZg TikTok: paugasol BNE: XX1588100 Editar o valor em Wikidata

Foi o segundo español en xogar na NBA despois de Fernando Martín, sendo escollido polos Atlanta Hawks no Draft da NBA de 2001, e os seus dereitos vendidos á recentemente trasladada franquía dos Memphis Grizzlies, antigamente en Vancouver, onde gañou o premio ao Rookie do Ano da NBA. Actualmente posúe os maiores rexistros da franquía de Memphis en partidos xogados, minutos xogados, tiros de campo feitos e anotados, tiros libres feitos e anotados, rebotes totais, defensivos e ofensivos, tapóns, roubos e puntos. Despois de sete anos nesa franquía, foi traspasado en 2008 aos Los Angeles Lakers, onde xogou ata 2014, pasando logo por Chicago Bulls, San Antonio Spurs e Milwaukee Bucks antes de volver en 2021 ao FC Barcelona, o equipo no que debutara como profesional 22 anos atrás.

O seu irmán Marc Gasol é tamén xogador profesional de baloncesto e actualmente forma parte do equipo de Los Angeles Lakers da NBA.

Traxectoria

editar

Naceu no seo dunha familia catalá relacionada coa medicina. Fillo de Marisa Sáez e Agustí Gasol, pasou case toda a súa infancia xogando en equipos de Cataluña. Estudou medicina durante uns meses, pero deixouno porque non o podía compaxinar co baloncesto, aínda que mantén que o seu obxectivo na vida é seguir os pasos da súa nai e converterse en médico no futuro. O seu irmán máis novo, Marc Gasol, tamén é baloncestista profesional, e xoga nos Toronto Raptors, gañadores da NBA no 2019. Comezou a xogar ó baloncesto no equipo do seu colexio, chamado Col·legi Llor, de onde máis tarde sería fichado polo Cornellà, que nesa época facía funcións de canteira do FC Barcelona.

Na tempada 1997-1998, Gasol ingresou no FC Barcelona, co que debutou na liga española de baloncesto (liga ACB) en 1999, obtendo ata a súa marcha a Estados Unidos unha media de 11,3 puntos por partido. Co club barcelonés conquistou dúas Ligas ACB e unha Copa do Rei. Foi o xogador non formado nos Estados Unidos que máis alto chegara no draft até esa data, sendo a terceira elección da primeira rolda no ano 2001, só superado tempo despois por Andrea Bargnani, xogador italiano que foi número 1 en 2006. Na súa primeira tempada en Estados Unidos tivo unha media de 17,6 puntos e 8,9 rebotes por encontro[1], sendo nomeado mellor rookie, é dicir, o mellor xogador dos que nese ano debutaban na NBA, contando estadounidenses e xogadores internacionais, logro único até hoxe en día por un xogador non nado nin criado deportivamente nos Estados Unidos.

No ano 2006 converteuse no primeiro xogador dos Grizzlies en xogar o partido das estrelas, o All-Star Game de Houston, un evento no que se dan cita anualmente os mellores xogadores da NBA. Con todo, non foi capaz de encestar ningunha vez, aínda que foi o máximo reboteador do partido, con 12 rexeitamentos. A súa mellor tempada en Memphis foi a de 2006-2007, cunha media de 20,8 puntos, 9,8 rebotes, 3,4 asistencias e 2,1 tapóns por partido, cun 53,8% en tiros de campo[2]. Esta foi a súa última tempada completa coa camisola dos Grizzlies, xa que mediada a 2007-08 chegou nun traspaso aos Ánxeles para xogar nos Lakers de Kobe Bryant, equipo co que conseguiu dous aneis de campión da NBA, nas tempadas 2008-09 e 2009-10.

Tras seis anos e medio nos Lakers, no verán de 2014 Gasol foi traspasado aos Chicago Bulls. O 10 de xaneiro de 2015, xa con 34 anos, o ala-pivote catalán conseguiu a mellor marca anotadora da súa carreira con 46 puntos, alén de 18 rebotes, contra os Bucks de Milwaukee [3].

Selección española

editar

Coa Selección de baloncesto de España conseguiu títulos en case todas as categorías, sendo o máis importante o acadado no ano que foi elixido para xogar o All-Star, o 2006, cando se proclamou campión do mundo de baloncesto no Campionato do Mundo da FIBA de 2006, batendo na final ao equipo nacional grego por 70-47, pero a xesta tivo aínda tinturas maiores cando o equipo español tivo que xogar a final sen a súa presenza, por ser baixa de última hora a causa dunha lesión. O combinado nacional, con Juan Carlos Navarro, José Calderón, Jorge Garbajosa, Rudy Fernández e compañía venceu á Grecia de Papalukas, Diamantidis e Spanoulis levando consigo o título de campións do mundo. No ano 2007, xoga co combinado español a final do Campionato de Europa ante Rusia, perdendo o partido por unha diferenza dun punto. Pau Gasol tivera o derradeiro lanzamento nas súas mans, pero o balón saíu rexeitado do aro defendido polo equipo ruso.

No ano 2008, Pau Gasol e compañía acadaron a final dos Xogos Olímpicos de Beijing ao igual que os Estados Unidos, os cales presentaran un cadro formado por doce dos mellores xogadores americanos como Chris Paul, Kobe Bryant, LeBron James, Dwight Howard ou Jason Kidd. Nese partido, Gasol anotou 21 puntos para axudar ao seu equipo, non sendo suficientes para acadar a vitoria, xa que perderon ante os Estados Unidos por unha diferenza de 11 puntos: 107-118, a puntuación conxunta máis alta conseguida nunha final olímpica en toda a historia. Neste torneo, Pau Gasol foi o máximo anotador[4].

  1. FOX Sports. "Estatísticas de Pau Gasol na NBA". Arquivado dende o orixinal o 12/05/2013. Consultado o 21/3/2015. 
  2. FOX Sports. "Estatísticas de Pau Gasol na NBA". Arquivado dende o orixinal o 12/05/2013. Consultado o 21/4/2015. 
  3. FOX Sports. "Pau Gasol 2014-15 - Estatísticas por partido". Arquivado dende o orixinal o 06/08/2020. Consultado o 21/3/2015. 
  4. El Confidencial. "Una excelente España gana la plata ante Estados Unidos". Consultado o 21/3/2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar