Andrea Bargnani
Andrea Bargnani, nado o 26 de outubro de 1985 en Roma, é un xogador italiano de baloncesto profesional que é axente libre. Foi elixido na primeira posición do Draft da NBA do 2006.
(2013) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1985 (38 anos) Roma, Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 213 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 111 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2002 - 2017 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 1 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Toronto Raptors | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2015 | Campionato europeo de baloncesto de 2015 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2011 | Campionato europeo de baloncesto de 2011 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2007 | Campionato europeo de baloncesto de 2007 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Carreira
editarItalia
editarComezou a súa carreira na tempada 2002-2003, xogando para o modesto equipo Stella Azzura de Roma, na Serie B2 italiana. Só un ano despois foi contratado polo Benetton Treviso, no que xogou até o 2006. Xogando neste equipo, xa se enfrontou aos Raptors o 20 de outubro de 2003 nun partido de pretempada no Air Canada Centre. Anotou 13 puntos, colleu 15 rebotes, fixo un roubo e dous tapóns en 22 minutos de xogo. No equipo italiano xogou un papel primordial, mellorando cada ano as súas estatísticas até convertelas nas dunha estrela.
NBA
editarFoi comparado en numerosas ocasións co xogador alemán da NBA Dirk Nowitzki, debido á súa impresionante habilidade para tirar desde o perímetro e tamén pola súa procedencia europea sendo un xogador con moito talento. Aos 20 anos de idade, foi elixido no primeiro lugar da primeira rolda do Draft da NBA de 2006 polo "general manager" dos Raptors, Bryan Colangelo. Bargnani foi o primeiro xogador europeo, o sexto non americano, e o segundo sen experiencia en universidades ou institutos americanos que era elixido en primeiro lugar do draft.
O seu debut na NBA cos Toronto Raptors tivo lugar o 1 de novembro de 2006, nun partido da liga regular contra os New Jersey Nets. En 8 minutos de xogo contribuíu 2 puntos, 2 rebotes e 2 tapóns. En xaneiro de 2007, Bargnani foi seleccionado como o Rookie do Mes, seguindo así ao seu compañeiro de equipo Jorge Garbajosa (gañador do premio en decembro de 2006) e converténdose así no sexto xogador dos Raptors en conseguir este logro. Ao finalizar a campaña, Bargnani foi incluído no mellor quinteto de rookies.
Na tempada 2007-08, Bargnani foi criticado por moitos (como o seu compañeiro de equipo Chris Bosh) por realizar unha mala tempada, collendo poucos rebotes, anotando poucos puntos e facendo malas porcentaxes de tiro. Tamén realizou uns playoffs pobres, os Raptors foron eliminados polos Orlando Magic en primeira rolda, desde entón moitos piden o seu traspaso.
A tempada 2008-09 empezou un con media un tanto pobre, menos de dez puntos, pero todo cambiou desde os primeiros partidos de 2009. No mes de xaneiro, Bargnani fixo máis de 20 puntos e o propio Chris Bosh cualificou a súa melloría como fundamental na mellora dos Raptors xunto á recuperación tras a lesión de José Calderón.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web no oficial de Andrea Bargnani (en italiano)
- Perfil en nba.com (en inglés)
- Estatísticas de Andrea Bargnani Arquivado 30 de maio de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)