Clyde Lovellette

baloncestista estadounidense

Clyde Lovellette, nado o 7 de setembro de 1929 en Petersburg (estado de Indiana) e finado o 9 de marzo de 2016 en North Manchester (Indiana, foi un xogador de baloncesto estadounidense que xogou durante dez tempadas na NBA. Foi o primeiro xogador da historia en formar parte de equipos gañadores da NCAA, NBA e Xogos Olímpicos.

Modelo:BiografíaClyde Lovellette

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Clyde Edward Lovellette Editar o valor en Wikidata
7 de setembro de 1929 Editar o valor en Wikidata
Petersburg, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte9 de marzo de 2016 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
North Manchester, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Kansas
Terre Haute North Vigo High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura206 cm Editar o valor en Wikidata
Peso106 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1952 Editar o valor en Wikidata - 1964 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Atlanta Hawks
Cincinnati Royals
Boston Celtics
Sacramento Kings
1949–1952 Kansas Jayhawks
Participou en
1952Xogos Olímpicos de 1952 Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Lovellette-30 Find a Grave: 159120896 Editar o valor en Wikidata
Cadro de medallas
Baloncesto
Xogos Olímpicos
Ouro Helsinqui 1952 Estados Unidos

Traxectoria

editar

Universidade

editar

Xogou durante 4 tempadas cos Jayhawks da Universidade de Kansas. Na súa última tempada foi o máximo anotador da NCAA, con 28,4 puntos por partido, levando ao seu equipo ao título de campión. É o único xogador da historia en ser o máximo anotador da competición gañando o título ese mesmo ano. Foi nomeado Mellor Xogador do Torneo da NCAA. En toda a súa carreira universitaria tivo unha media de 24,5 puntos e 10,2 rebotes por partido.[1]

Ao finalizar a tempada foi incluído na selección de baloncesto de Estados Unidos que participaría nos Xogos Olímpicos de Helsinqui, gañando a medalla de ouro.

Profesional

editar

Foi elixido na primeira rolda do Draft da NBA de 1952 por Minneapolis Lakers, na novena posición, onde xogou durante catro tempadas, gañándose o posto de titular na tempada 1953-54, na que gañou o seu primeiro anel de campión. Foi traspasado a Cincinnati Royals, onde só xogou unha tempada, recalando posteriormente en St. Louis Hawks, onde permaneceu durante outras catro tempadas a un excelente nivel. Xa con 33 anos fichou polos Boston Celtics, onde tivo un papel secundario dando minutos de respiro aos pivotes titulares, e onde gañou o campionato nas dúas tempadas que permaneceu antes de retirarse en 1964.

Foi un dos primeiros xogadores que empregaron o tiro a unha man, ampliando o seu repertorio ofensivo, e que lle permitía xogar tanto de beirado como nas posicións máis próximas ao aro. Foi elixido para disputar o NBA All-Star Game en 3 ocasións, en 1956, 1960 e 1961. Nas súas dez tempadas como profesional tivo unha media de 17,0 puntos e 9,5 rebotes por partido.

Equipos

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar