Willis Reed
Willis Reed Jr., nado en Hico, Louisiana, o 25 de xuño de 1942 e finado o 21 de marzo de 2023,[1] foi un xogador de baloncesto estadounidense que desenvolveu a súa carreira a finais dos anos 60 e principios dos 70. Cos seus 2,09 m, comezou xogando de á alto, na posición de 4, para pasar a ser un pivote nato. Destaca a súa traxectoria nos New York Knicks, posto que foi o único equipo no que militou nos seus dez anos como profesional.
Willis Reed | |
---|---|
Posición | Pivote |
Dorsal | 19 |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 110 kg (240 lb) |
Nacemento | 25 de xuño de 1942 (80 anos)![]() |
Carreira | |
Universidade | Grambling State |
NBA Draft | 1964 / Rolda: 2 / Elección: 10 Por New York Knicks |
Tempadas | 1964–1974 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 12 183 (18,7 pp) |
Rebotes | 8 414 (12,9 pp) |
Asistencias | 1 186 (1,8 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Basketball Hall of Fame como xogador | |
Adestrador | |
|
Traxectoria deportivaEditar
UniversidadeEditar
Formado na pouco coñecida Universidade de Grambling, logrou unhas medias de 18,7 puntos e 15,2 rebotes, o cal lle permitiu ser All-American, é dicir, un dos mellores xogadores de toda a nación a nivel universitario, nos anos 1963 e 1964.
NBAEditar
Foi elixido na primeira posición da segunda rolda do Draft da NBA de 1964 polos New York Knicks, equipo no que desenvolvería toda a súa carreira profesional. No seu ano do debut foi elixido Rookie do Ano, cunhas extraordinarias estatísticas de máis de 19 puntos e 14 rebotes por encontro.
A súa mellor tempada, e pola que se lle lembrará sempre, foi a de 1969-70, na cal logrou o fito nunca antes alcanzado de ser considerado, nunha mesma tempada, MVP da tempada regular, do All-Star Game e das Finais, redondeando a mesma co anel de campión da NBA. Lograría un segundo título en 1973, cando xa as lesións estaban comezando a prexudicarlle. Retiraríase un ano máis tarde, con tan só 31 anos, disputando 650 partidos, e cunhas medias de 18,7 puntos e 12,9 rebotes por partido.
EquiposEditar
AdestradorEditar
Adestrou aos Knicks durante tempada e media, entre 1978 e 1979. De aí pasou a ser adestrador asistente da Universidade de St. John's en 1981, e adestrador titular na Universidade Creighton entre o 81 e o 85. Regresou de novo á liga profesional, facéndose cargo dos New Jersey Nets en 1987, levando ao equipo durante dúas tempadas.
LogrosEditar
- Dúas veces Campión da NBA (1970, 1973).
- Unha vez MVP da NBA (1970).
- Dúas veces MVP das Finais da NBA (1970, 1973).
- Sete veces All-Star (1965–1971).
- Unha vez MVP do All-Star (1970).
- Unha vez no Primeiro equipo da NBA (1970).
- Catro veces no Segundo equipo da NBA (1967–1969, 1971).
- Unha vez no Primeiro equipo defensivo da NBA (1970).
- Rookie do Ano da NBA (1955).
- Primeiro equipo rookie da NBA (1955).
- Nomeado un dos 50 mellores xogadores da historia da NBA (1996).
- Membro do Basketball Hall of Fame como xogador (1982).
- Número 19 retirado por New York Knicks.
NotasEditar
- ↑ Araton, Harvey (21 de marzo de 2023). "Willis Reed, Hall of Fame Center for Champion Knicks, Dies at 80". The New York Times (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2023.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina de Reed na web do Hall of Fame
- Estadísticas como xogador Arquivado 20 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.
- Estadísticas como adestrador Arquivado 15 de setembro de 2012 en Wayback Machine.