Vassilis Spanoulis
baloncestista grego
Vassilis Spanoulis (en grego: Βασίλης Σπανούλης), nado o 7 de agosto de 1982 en Lárisa (Tesalia), é un antigo xogador e adestrador profesional internacional de baloncesto grego. Cunha altura de 1,93 m xogaba nas posicións de base e escolta. Formado como xogador no Gymnastikos S. Larissas, chegou a gañar tres títulos da Euroliga co Olympiacos, sendo nomeado MVP da competición en 2013 e das finais en 2009, 2012 e 2013. Tamén participou un ano na NBA cos Houston Rockets. Foi internacional coa selección de Grecia. Dende 2022 traballa como adestrador do Peristeri da A1 Ethniki, a máxima categoría do baloncesto grego.