Ricardo Hevia

exadestrador de baloncesto establecido en Galicia

Ricardo Hevia Álvarez, nado en Mieres (Asturias) o 16 de setembro de 1940 e finado o 8 de xaneiro de 2022 en Lugo,[1] foi un adestrador profesional de baloncesto español. A súa carreira como adestrador inclúe clubs como CB Breogán, OAR Ferrol, Club Ourense Baloncesto ou CB Murcia.[2] Tras a súa retirada como adestrador, residiu en Lugo onde traballou en La Voz de Galicia escribindo sobre o Breogán.

Ricardo Hevia
Información persoal
Nacemento 16 de setembro de 1940
España Mieres
Falecemento 8 de xaneiro de 2022 (81 anos)
Galicia Lugo
Cargo Adestrador
Historial de equipos
Adestrador:
Gijón Baloncesto (1985−1987)
Trahedi Oviedo (1987−1989)
DYC Breogán (1989−1991)
OAR Ferrol (1991−1992)
DYC Breogán (1992−1993)
OAR Ferrol (1993−1994)
Baloncesto Salamanca (1994−1995)
CB Breogán (1995−1996)
CB Murcia Airtel (1996−1997)
Ourense Xacobeo 99 (1997−1998)

Traxectoria editar

Clubs editar

Ricardo Hevia adestrou aos seguintes equipos:[2][3]

Falecemento editar

En decembro de 2021 someteuse a unha operación cirúrxica en Lugo que evolucionou a unha situación de extrema gravidade.[4] Finalmente, faleceu o 8 de xaneiro de 2022 aos 81 anos.

Notas editar

  1. Redacción (8 de xaneiro de 2022). "Muere el exentrenador del Breogán Ricardo Hevia". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Ricardo Hevia". acbcom. 
  3. "Ricardo Hevia Álvarez". AEEB. 
  4. "El exentrenador del Breogán Ricardo Hevia, hospitalizado en el Hula en estado grave". El Progreso de Lugo (en castelán). 2021-12-28. Consultado o 2021-12-29. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar