Pineda de Mar
Pineda de Mar é un municipio catalán, pertencente á provincia de Barcelona, localizado na comarca do Maresme. Pineda de Mar está situado entre os municipios de Calella e Tordera ao oeste, Santa Susanna ao nordés e o Mar Mediterráneo ao sur. O 10% do termo municipal forma parte do Parque Natural do Montnegre e o Corredor.
Pineda de Mar | ||
---|---|---|
![]() | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade autónoma | ![]() | |
Provincia | Barcelona | |
Comarca | Maresme | |
Xeografía | ||
Altitude | 10 msnm | |
Superficie | 10,77 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 25.893 hab. (2010) | |
Densidade | 2.404,18 hab/km² | |
Xentilicio | Pinedenc, pinedenca | |
Outros datos | ||
Código postal | 08397 | |
Alcalde | Xavier Amor i Martín (PSC) | |
www.pinedademar.org |
SituaciónEditar
Pineda ábrese camiño cando termina Calella e despídese nunha zona de hortas onde comeza Santa Susanna. O seu paseo do Mar, paralelo á vía do tren, é moi coñecido. Antes, Pineda tamén se recoñecía moi facilmente debido ao bosque denso e frondoso de aciñeiras e sobreiras que tiña. Hoxe, a fonte do Boter, mantén a riqueza nun espazo natural especialmente creado para iso, pero a virginidad dos campos e dos bosques de antes, perdeuse entre a multitude de residencias que agora hai e as ganas de converter o municipio de pasada para algúns e de estancia para moitos outros.
DemografíaEditar
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|
1.807 | 3.275 | 3.188 | 7.776 | 11.739 | 20.057 | 25.893 |
EconomíaEditar
Durante a idade media as árbores foron desaparecendo e os cultivos foron gañando espazo. Isto fixo que antigamente a agricultura e a pesca desenvolvésense moito. Antes a agricultura e a pesca e agora o sector turístico foron a base económica de Pineda de Mar.
Normalmente como sede de segundas residencias e ás veces como cidade dormitorio. Pineda sitúase entre os municipios máis solicitados para ter unha propiedade. As praias son atractivas e a gran cantidade de piñeiros, sobreiras e maleza tamén colaboran á hora de adozar a paisaxe.
Pineda, é a cidade mais grande do Alt Maresme e a terceira en todo o Maresme.
TransporteEditar
A estrada N-II e a liña ferroviaria do Maresme (liña 1 de Rodalies Renfe) cruzan a poboación.
Cidades irmandadasEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pineda de Mar |