Santa Susanna

Coordenadas: 41°38′13″N 2°42′29″L / 41.63694, -2.70806

Santa Susanna é un municipio catalán, pertencente á provincia de Barcelona, localizado na comarca do Maresme. Está situado no litoral, entre Malgrat de Mar e Pineda de Mar.

Santa Susanna
Escut de Santa Susanna.svg
Santa-Susanna.jpg
Localización
Localització de Santa Susanna respecte del Maresme.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaMaresme
Xeografía
Altitude10 msnm
Superficie12,68 km²
Demografía
Poboación3.325 hab. (2013)
Densidade262,22 hab/km²
XentilicioSusannenc/a
Outros datos
Código postal08398
AlcaldeJoan Campolier i Montsant
www.stasusanna.org/

SituaciónEditar

 
Praza do concello

Está situado entre os concellos de Malgrat de Mar e de Pineda de Mar, seguindo a estrada N-II que os atravesa. Polo norte, tamén limita cos termos de Tordera e de Palafolls.

HistoriaEditar

Existen datos sobre a vila desde o ano 1024, pero a súa historia comeza, polo que sabemos, nas terras do val situado entre o monte de Gràcia e o da Guàrdia, cando os campesiños da zona decidiron poblalas. Parece que os antigos habitantes, campesiños, decidiron poboar primeiro a zona superior da riera, a parte alta de Santa Susanna, para estar protexidos dos perigos do mar. Pero pouco a pouco fóronse poboando tamén as zonas máis próximas á costa. Naceron entón casas como Can Ratés, Can Jordà ou Can Mestres.

DemografíaEditar

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010
404 434 455 565 509 1.908 3.308

LocalidadesEditar

  • Can Torrent-Alta Maresma i Can Gelat
  • Santa Susanna
  • Zona Hotelera
  • la Muntanya
  • el Pla
  • la Riera
  • la Vall-Can Ratés

EconomíaEditar

 
Masía de Can Bonet d'Avall
 
Capela de Santa Susanna

Actualmente a actividade económica principal é o turismo. Teceu un modelo propio especializado no turismo de sol, praia e natureza. Este destino turístico ten varias certificacións como a Marca de Turismo Familiar e a Marca de Turismo Deportiva outorgadas pola Axencia Catalá de Turismo.

Santa Susanna conta cunha ampla e variada oferta de aloxamentos de calidade, ademais da oferta de actividades que ofrece a Estación Náutica e o Centro de Bicicleta de montaña entre outras ofertas complementarias.

Pola súa localización na Costa do Maresme, Santa Susanna convértese nun punto estratéxico preto de Barcelona e Xirona, excelente punto de partida para efectuar con rapidez e comodidade excursións aos lugares máis importantes do país, tanto no interior coma na próxima Costa Brava ou na cidade de Barcelona.

Lugares de intereseEditar

  • Torre de Can Ratés
  • Torre do Mas Galter
  • Torre de Can Bonet d'Avall
  • Pla de la torre
  • Torre Montagut
  • Igrexa parroquial de Santa Susanna
  • Capela do Sant Crist
  • Capela de Sant Isidre
  • Capela de Santa Susanna
  • Ermida da Virxe de Gràcia
  • Muíño d’en Jordà

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar