Abrir o menú principal

Palafolls é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Maresme. Está situado a 60 km de Barcelona e limita con Santa Susanna, Blanes, Tordera e Malgrat de Mar. Segundo datos do INE tiña 8.966 habitantes en 2011.

Palafolls
Flag of Palafolls.svg
Escut de Palafolls.svg
Localización
Localització de Palafolls respecte del Maresme.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaMaresme
Xeografía
Altitude16 msnm
Superficie18,47 km²
Demografía
Poboación8.966 hab. (2011)
Densidade485,44 hab/km²
XentilicioPalafollenc, palafollenca
Outros datos
Código postal08389
AlcaldeValentí Agustí i Bassa (PSC)
www.palafolls.cat

A orixe da localidade é romana e tamén o seu nome, que deriva de Palatiolo.

O pobo está constituído polos seguintes barrios e lugares: barrio de Santa Maria, barrio de Sant Lluís, barrio de Sant Genís (formado por Sant Genís de Palafolls e a urbanización Ciutat Jardí), Mas Carbó, Mas Reixac e Les Ferreries; esta última é a parte do centro onde atopamos a igrexa, o concello ou as escolas, entre outros servizos.

Os sábados ten lugar o mercado semanal.

DemografíaEditar

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2011
836 1.084 1.153 2.270 2.610 5.235 8.966

Galería de imaxesEditar

Véxase taménEditar