Malgrat de Mar
Malgrat de Mar é un municipio catalán da provincia de Barcelona, o máis oriental da comarca do Maresme. É unha poboación dedicada ao turismo de praia.
Malgrat de Mar | ||
---|---|---|
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade autónoma | ![]() | |
Provincia | Barcelona | |
Comarca | Maresme | |
Xeografía | ||
Altitude | 4 msnm | |
Superficie | 8,82 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 18.596 hab. (2010) | |
Densidade | 2.108,39 hab/km² | |
Xentilicio | Malgratenc, malgratenca | |
Outros datos | ||
Código postal | 08380 | |
Alcalde | Conxita Campoy i Martí (PSC) | |
www.ajmalgrat.cat |
SituaciónEditar
Malgrat de Mar está situado no litoral. Dista cerca de 66 km de Barcelona. O seu termo municipal limita cos concellos de Blanes a este, Palafolls a norte, Santa Susanna a oeste, e co mar a sueste.
A estrada N-II e a liña ferroviaria do Maresme (liña 1 de Rodalies Renfe) cruzan a poboación.
HistoriaEditar
Malgrat de Mar naceu no século XIV. En 1373 o seu nome oficial era Vilanova de Palafolls. Tradicionalmente era unha vila de pescadores.
Nos últimos decenios do século XX sufriu un rápido desenvolvemento turístico, iniciado na década de 1950, e culminado nos decenios que seguiron ao ano 1970.
DemografíaEditar
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
3.738 | 4.607 | 4.859 | 9.174 | 10.922 | 13.686 | 18.261 |
EconomíaEditar
A economía de Malgrat de Mar baséase esencialmente no turismo estival.
Sitios de intereseEditar
- A Igrexa de Sant Nicolau, de estilo neoclásico.
Galería fotogáficaEditar
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Malgrat de Mar |