Tordera
Coordenadas: 41°42′3″N 2°43′12″L / 41.70083, -2.72000
Tordera é un municipio español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado no extremo oriental da comarca do Maresme.
Tordera | ||
---|---|---|
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade autónoma | ![]() | |
Provincia | Barcelona | |
Comarca | Maresme | |
Xeografía | ||
Altitude | 34 msnm | |
Superficie | 84,08 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 15.641 hab. | |
Densidade | 186,03 hab/km² | |
Xentilicio | Torderenc, torderenca | |
Outros datos | ||
Código postal | 08490 | |
Alcalde | Joan Carles García i Cañizares (CiU) | |
www.tordera.cat |
ToponimiaEditar
Tordera recibe o nome do río Tordera, o cal pasa polo municipio. Durante a Idade Media, chamaban ao río Tordaria, o que fai pensar que podía facer referencia a «terra de tordos»" (máis coñecido como merlo), ademais de ter en conta que estes paxaros eran moi abundantes polo municipio. Mesmo o escudo heráldico de Tordera, figura un merlo (en catalán 'tord').
XeografíaEditar
Tordera comprende un termo municipal grande, cunha extensión de 84,6 km2, sendo o municipio máis grande de toda a bisbarra.
Atópase ao lado do Parque Natural do Montnegre e o Corredor. O río a Tordera pasa pola esquerda do núcleo urbano e o núcleo urbano atópase situado nun outeiro.
Dous terzos de territorio é montaña, o resto é plano. O punto máis alto do municipio é o outeiro de N 'Alomar, de 701 msnv e o cume de Hortsavinyà, de 572 msnv.
DemografíaEditar
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|
3.048 | 3.357 | 3.593 | 6.431 | 7.546 | 9.798 | 15.641 |
EconomíaEditar
Todera xa non se basea unicamente na agricultura e a cortiza como antigamente, pois os recursos hidráulicos do río favoreceron a implantación do sector téxtil e o sector da construción.
ComunicaciónsEditar
- Ferrocarril: Estación de Tordera de Cercanías Renfe de Barcelona (liña 1).
- Hai unha liña de autobuses que vai cara a Barcelona.
- Dispón dunha liña de autobús con paradas en Tordera, Palafolls, Malgrat de Mar, Santa Susanna, Pineda de Mar e Calella
- Dispón de autobús municipal.
- Dispón de estradas como a N-II, AP-7 á altura de Hostalric e a C-32.
Lugares de intereseEditar
No centro atópase a Igrexa parroquial de Santo Estevo, de orixe románica (consérvase parte do altar) e foi reconstruída nos século XVI e XVIII. Así mesmo, hai que destacar a súa beleza de paisaxe, polos seus grandes bosques e pradarías. Como tamén se destacan todas as ermidas que dispón a vila (Arola, Santo Andrés...) e por último destacar o parque prudencia que se sitúa na illa que forma o río polo paso polo municipio.
Festas e feirasEditar
- Fira Mercat do Ram. Feira de grande importancia agrícola e gandeira que se celebra o domingo de ramos, con sinaturas nacionais e internacionais.
- San Poncio mártir. O 11 de maio, celébrase a festividade de San Poncio mártir, onde toda a poboación se despraza ata a ermida que leva o seu nome para veneraren o santo e pasaren un día no campo.
- Correfoc de Tordera. O 23 de agosto, organizada pola Colla de Diables de Tordera.
- Festa Maior. Celebrada o 24 de agosto.
- Festa de San Xoán. Celebrada o día de San Xoán, o 24 de xuño.