Abrir o menú principal

Parque Natural do Montnegre e o Corredor

Montnegre
Montnegre.jpg
Marco Legal
Figura de Protección: Parque natural
Ano de constitución: 1.989
Superficie: 15.010 ha
Lexislación: Plan especial para a protección do medio físico das serras do Montnegre-Corredor (DOGC 1300, 01-06-90)
Datos de interese
País: España España
Provincias: Flag of Barcelona.svg Barcelona
Concellos: Arenys de Munt, Dosrius, Fogars de la Selva, Llinars del Vallès, Mataró, Palafolls, Pineda de Mar, Sant Cebrià de Vallalta, Sant Celoni, Sant Iscle de Vallalta, Tordera, Vallgorguina e Vilalba Sasserra
Ríos:
Picos Pico Gros del Montnegre (766m) e o Santuari del Corredor(657m)
Direccións de interese: Oficina do parque: Carrer de l'Esglesia, 13, 2n 08470 Vallgorguina
Teléfonos: 938 679 452

O Parque natural do Montnegre e o Corredor está na provincia de Barcelona, distribuído ó longo das comarcas do Maresme (49%), do Vallès Oriental (41%) e da Selva (10%). Foi constituído como parque o 20 de xullo de 1989 e conta actualmente cunha superficie protexida de 15.010 ha. Algunhas das localidades lindeiros máis salientables son: Arenys de Munt, Arenys de Mar, Pineda de Mar, Sant Celoni, ou Calella.

Índice

Características e VexetaciónEditar

O macizos do Montnegre e a Serra do Corredor alíñanse paralelos ó Mar Mediterráneo e están localizados na coñecida coma Cordilleira Litoral. As elevacións máis importantes do parque son o Pico Gros del Montnegre (766m) e o Santuari del Corredor(657m) A importancia deste parque natural radica na gran variedade de vexetación e biodiversidade que alberga. Esta débese en parte a situación xeográfica, o tipo de terreo e á variación climatolóxica que se produce entre as vertentes interiores e as costeiras. O bosque predominante é de aciñeiras mais tamén existe unha importante densidade de piñeirais e carballos.

FaunaEditar

A fauna do Montnegre e O Corredor é similar a doutros lugares da Cordilleira Litoral Catalá. Entre os mamíferos atopamos o xabaril, a xeneta, o esquío, o porco teixo e especialmente o corzo, que foi reintroducido no 1.993 con individuos procedente do suroeste de Francia. Atopamos tamén unha ampla variedade de réptiles coma a serpe verde, a serpe branca, o tritón, o sapo e a píntega. As aves tamén están presentes, mais son maioritariamente migratorios, pódense destacar a bubela, o pimpín ou o paporrubio.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Muelas Fernández, Tomàs: "A peu pel Montnegre i el Corredor", Cossetània Edicions (en catalán).
  • Espais naturals a prop de Barcelona, Diputació de Barcelona (en catalán).
  • Rutes de flora i fauna, Xarxa de Parcs Naturals de la Diputació de Barcelona (en catalán).
  • Guia de rutes literàries per la Xarxa de Parcs Naturals, Diputació de Barcelona (en catalán).

Ligazóns externasEditar