Llinars del Vallès
Llinars del Vallès é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.
Llinars del Vallès | |||
---|---|---|---|
Imaxe de Llinars del Vallès | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | ![]() | ||
Provincia | Barcelona | ||
Comarca | Vallès Oriental | ||
Xeografía | |||
Altitude | 387 msnm | ||
Superficie | 27,6 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 9.570 hab. (2015) | ||
Densidade | 346,74 hab./km2 | ||
Xentilicio | Llinassenc, Llinassenca | ||
Outros datos | |||
Código postal | 08450 | ||
Alcalde | Martí Pujol i Casals | ||
Web do concello |
XeografíaEditar
O concello atópase na parte alta do val do río Mogent, na parte norte da Cordilleira Litoral Catalá. O río Mogent é un afluente do río Congost, o cal desemboca no río Besòs. A forma do municipio é alongada e segue unha liña nordés-suroeste. Na parte norte o concello chega ás inmediacións do macizo do Montseny
HistoriaEditar
O nome de Llinars aparece citado por vez primeira no ano 919, aínda que a zona xa estaba habitada dende moito tempo atrás. Así o proban o dolmen de Pedra Arca ou o poboado ibérico do Far. A romanización foi moi intensa, xa que unha vía de comunicación atravesaba toda a zona. Esta vía de uso comercial, foi a que empregou Aníbal na segunda guerra púnica. Na idade media os señores da vila, eran os nobres que vivían no castelo do Far. Estes eran vasalos dos condes de Barcelona. Trala guerra civil española, a localidade aumentou a súa poboación debido á chegada de emigrantes procedentes do resto de estado. Estes viñan atraídos pola recente industrialización e a construción de novas residencias para a xente de Barcelona que decidía veranear na vila.