Santa Maria de Palautordera
Coordenadas: 41°41′43″N 2°26′45″L / 41.69528, -2.44583
Santa Maria de Palautordera é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.
Santa Maria de Palautordera | ||
---|---|---|
| ||
Fonte dos namorados en Santa María de Palautordera | ||
Localización | ||
![]() | ||
País | ![]() | |
Comunidade autónoma | ![]() | |
Provincia | Barcelona | |
Comarca | Vallès Oriental | |
Xeografía | ||
Altitude | 208 msnm | |
Superficie | 16,9 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 9.138 hab. (2014) | |
Densidade | 540,71 hab./km2 | |
Xentilicio | Palauenc, Palauenca | |
Outros datos | ||
Código postal | 08460 | |
Alcalde | Jordi Xena i Ibáñez | |
https://www.smpalautordera.cat/ |
Xeografía Editar
O concello atópase na zona leste da comarca do Vallès Oriental, ó pé do macizo do Montseny. Ó sur limita coas cordilleiras montañosas do litoral: o Montnegre e Corredor. O clima é de tipo mediterráneo moderado, con invernos suaves e choivas máximas na primavera e outono.
Historia e Patrimonio Editar
A primeira referencia escrita da vila data do 19 de agosto do 863, nunha concesión do rei Carlos o Calvo ós señores feudais da zona. Os edificios máis salientábeis son a casa consistorial, El Pont Trencat (ponte de orixe romana da que apenas se conserva un dos arcos), a ermida do remedio (inaugurada no 1803 e de estilo barroco-neoclásico) e a igrexa de Santa María (rematada ó redor do 1563 e de estilo gótico tardío). O patrimonio ambiental é tamén de gran relevancia. Situada entre dous parques naturais, o concello ten amplos bosques que fan de paso natural entre as dúas reservas.