Sant Pere de Vilamajor
Coordenadas: 41°41′8″N 2°23′24″L / 41.68556, -2.39000
Sant Pere de Vilamajor é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.
Sant Pere de Vilamajor | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Xigantes de Sant Pere de Vilamajor | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | ![]() | ||
Provincia | Barcelona | ||
Comarca | Vallès Oriental | ||
Xeografía | |||
Altitude | 305 msnm | ||
Superficie | 34,8 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 4.248 hab. (2015) | ||
Densidade | 122,07 hab./km2 | ||
Xentilicio | Vilamajorenc, vilamajorenca | ||
Outros datos | |||
Código postal | 08458 | ||
Alcalde | Martí Artalejo i Ferrer | ||
https://www.vilamajor.cat/ |
XeografíaEditar
O municipio sitúase no extremo setentrional da comarca do Vallès Oriental, no límite meridional do coñecido coma Pla de la Calma. A súa densidade de poboación é moi baixa. A parte norte do concello é moi montañosa e sitúase dentro dos límites do Parque Natural do Montseny. Esta zona vivía da gandería e da explotación forestal. Hoxe en día, o sector turístico vive un certo auxe. A parte sur é a máis poboada, con preto do 90% do censo. Se antigamente a agricultura era o sector fundamental, hoxe son a construción e os servizos os sectores económicos máis salientábeis.
Historia e patrimonioEditar
A localidade ten a súa orixe en asentamentos romanos, que posteriormente deron lugar a pequenas poboacións medievais. No século XI, o condado de Barcelona construíu un palacio, que servía de repouso ós viaxantes e nobres que viaxaban dende Barcelona a Xirona. Coa construción do palacio, comezou a época de esplendor da vila. No 1148, un forte terremoto destruíu o palacio e gran parte das vivendas. Posteriormente no 1604, construíuse na antiga localización do palacio, unha igrexa de estilo gótico e renacentista. Porén a vila entrou en decadencia e foise ruralizando cada vez máis. Na segunda metade do século XX, volveuse vivir un forte crecemento da vila mediante a construción de urbanizacións.
Ademais do importante patrimonio natural (o Parque Natural do Montseny ocupa o 61% do termo municipal), hai importantes mostras de arquitectura relixiosa e civil. Cómpre citar o castelo de Vilamajor, a igrexa de San Pedro, a ermida de San Elías ou a reitoría de Vilamajor, actualmente transformada en centro de arte.