Sant Esteve de Palautordera
Coordenadas: 41°42′19″N 2°26′09″L / 41.70528, -2.43583
Sant Esteve de Palautordera é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.
Sant Esteve de Palautordera | ||
---|---|---|
| ||
![]() | ||
Ermida de Santa Margarida | ||
Localización | ||
![]() | ||
País | ![]() | |
Comunidade autónoma | ![]() | |
Provincia | Barcelona | |
Comarca | Vallès Oriental | |
Xeografía | ||
Altitude | 231 msnm | |
Superficie | 10,73 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 2516 hab. (2012) | |
Densidade | 234,48 hab./km2 | |
Xentilicio | Santestevenc, santestevenca | |
Outros datos | ||
Código postal | 08461 | |
Alcalde | Daniel Fernández | |
http://santestevedepalautordera.cat/el-municipi/sant-esteve-de-palautordera/ |
Xeografía Editar
O concello localízase ó nordés da comarca do Vallès Oriental. A parte norte forma parte do Parque Natural do Montseny. Os concellos limítrofes son: ó norte e leste co Fogars de Montclús, ó sur co Santa María de Palautordera e o oeste con Sant Pere de Vilamajor.É atravesado polo río Tordera que nace no parque natural.
Economía Editar
Os sectores principais son a construción, o comercio e o sector do turismo. Antigamente o sector agrario e gandeiro eran os predominantes. Mais actualmente atópanse en fase de abandono.
Patrimonio Editar
No concello consérvanse dous castelos. O castelo de Montclús con orixe no século XI e o castelo de Fluvià que data do século XII. A ermida de Santa Margarida e a igrexa de Sant Esteve son os edificios relixiosos máis salientábeis. Tamén existen mostras de arquitectura civil, coma as masías Ca l'Auleda e Can Bonamic, e o poboado ibérico de Montclús, que data dos séculos II-III a.C.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- http://santestevedepalautordera.cat/el-municipi/sant-esteve-de-palautordera/ Arquivado 12 de xuño de 2016 en Wayback Machine.