Montseny
concello da provincia de Barcelona
Montseny é un municipio pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Vallès Oriental, en Cataluña. Está situado en pleno Parque Natural do Montseny.
Montseny | ||
---|---|---|
| ||
![]() | ||
Localización | ||
![]() | ||
País | ![]() | |
Comunidade autónoma | ![]() | |
Provincia | Barcelona | |
Comarca | Vallès Oriental | |
Xeografía | ||
Altitude | 528 msnm | |
Superficie | 26,8 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 314 hab. (2011) | |
Densidade | 11,72 hab/km² | |
Xentilicio | Montsenyenc/a | |
Outros datos | ||
Código postal | 08460 | |
Alcalde | Alfons Planas i Jubany | |
www.montseny.es |
Xeografía Editar
O municipio, coñecido antigamente co nome da súa parroquia, Sant Julià de Montseny, ten actualmente unha extensión de 26,8 km², e está situado na zona meridional da montaña do Montseny, sendo o único pobo que mantén o mesmo nome que o macizo. O seu relevo é moi accidentado, xa que se estende desde os picos do Matagalls e Les Agudes, preto dos 1 700 metros de altitude, ata máis abaixo do núcleo principal do pobo, que está situado ao redor da igrexa parroquial, a 530 metros de altitude.
Demografía Editar
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
424 | 384 | 409 | 307 | 269 | 301 | 320 |