Dosrius
Dosrius é un municipio de Cataluña, pertencente á provincia de Barcelona. Pertence á comarca do Maresme e está situado na zona interior da mesma.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Maresme | ||||
Capital | Dosrius (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.910 (2023) (145,21 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 63 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 40,7 km² | ||||
Bañado por | riera d'Argentona (en) | ||||
Altitude | 147 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Sílvia Garrido Galera (2019–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08319 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08075 | ||||
Código territorial IDESCAT | 080752 | ||||
Páxina web | dosrius.cat | ||||
Xeografía
editarEstá situado no interior, no límite comarcal co Vallès Oriental, na cabeceira da riera de Argentona. Ten un relevo accidentado ao estar na Cordilleira Litoral (serra do Corredor). A vexetación predominante son piñeiros e aciñeiras.
Demografía
editar1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2006 |
---|---|---|---|---|---|---|
872 | 894 | 921 | 767 | 733 | 2.846 | 4.469 |
Economía
editarA economía do municipio fundaméntase nunha industria moi diversificada pero escasa e na actividade turística. No termo municipal abundan os chalés de segunda residencia, propiedade de habitantes de Barcelona e Mataró. Unha estrada comunica con Llinars del Vallès e con Argentona e Mataró.
Dentro do termo municipal atopamos o pobo de Canyamars, situado nun val entre as serras do Corredor e de Montalt. Predominan as vivendas de segunda residencia.
Lugares de interese
editar- Castelo de Dosrius
- Ermida de Sant Llop (s.XVI)
- Igrexa de Sant Andreu el Far (s.XVII)
- Igrexa de Sant Esteve de Canyamars, gótica (s.X)
- Igrexa de Sant Iscle e Santa Victòria (s.XVI), de estilo gótico e campanario de torre cuadrada.
- Pozo de Glaç.
- Santuario do Corredor (s.XVI)
- Torre das Aigües
Galería de imaxes
editar-
Can Batlle
-
Entrada á vila pola B-510
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dosrius |