Sant Andreu de Llavaneres
Sant Andreu de Llavaneres, coñecido tamén como Llavaneres, é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Maresme. Segundo datos do INE tiña 10.406 habitantes en 2011.
Sant Andreu de Llavaneres | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | ![]() | ||
Provincia | ![]() | ||
Comarca | Maresme | ||
Xeografía | |||
Altitude | 125 msnm | ||
Superficie | 11,84 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 10.406 hab. (2011) | ||
Densidade | 878,89 hab/km² | ||
Xentilicio | Llavanerenc, llavanerenca | ||
Outros datos | |||
Código postal | 08392 | ||
Alcalde | Bernat Graupera i Fàbregas (CiU) | ||
www.llavaneres.es |
Está situado a 36 km ao norte de Barcelona, á beira da costa mediterránea onde conta co porto deportivo Port Balís. Está entre o mar situado ao leste e o Parque Natural do Montnegre e o Corredor ao oeste. A poboación ten boas comunicacións coa capital grazas á liña 1 de Rodalies de Barcelona, así como a autoestrada C-32 e a N-II.
EtimoloxíaEditar
Unha lenda etimolóxica, carente de verosimilitude, supón que Llavaneres significa Serena Vall (Sereno val) lido ao revés. Na súa forma máis antiga o topónimo aparece coa forma labandarias.
HistoriaEditar
Os restos arqueolóxicos máis antigos que se atopan no termo son as rocas de Sant Magí, na serra de Montalt, as cales datan do neolítico.
Antigamente entre a riera de Llavaneres e o torrente de Les Bruixes estaba Can Sanç, unha vila rural que desde a romanización desprazouse desde zonas iberas. Alí cultivábanse viñas e oliveiras. A actividade económica, como en Mataró e outros municipios, era soamente agrícola e centraba o seu interese nos cultivos hortícolas.
Máis tarde, Sant Andreu de Llavaneres foi parte de Mataró e ao final, cara á metade do século XVI conseguiu a independencia. O que nun inicio era unha poboación dispersa foise desenvolvendo e fóronse formando barrios como o de Cal Sanç, onde a xente xuntábase aos poucos.
Máis adiante, Llavaneres resultou ser tamén un bo recuncho para moitos barceloneses que buscaban fuxir temporalmente do núcleo urbano. De aquí a gran cantidade de edificios modernistas da localidade.
Actualmente trátase dun gran foco residencial e turístico.
DemografíaEditar
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|
1.129 | 1.508 | 1.758 | 2.575 | 2.918 | 7.161 | 10.303 |
Lugares de intereseEditar
- Igrexa antiga de Sant Andreu
- Torre Gran
- Torre del Sot
- Ca l'Alfaro
- Cal Tomàs
FestividadesEditar
- Festa maior: fin de semana máis próximo ao 30 de novembro.
- Festa maior da Minerva: terceiro domingo de xullo.
- Festa do Pèsol (chícharo): fin de semana de abril.
- Mostra Gastronómica do Pèsol: mes de abril.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sant Andreu de Llavaneres |