Arenys de Mar
Arenys de Mar é un municipio español da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Maresme. Segundo datos do INE tiña 14.688 habitantes en 2010.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Maresme | ||||
Capital | Arenys de Mar (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 16.342 (2023) (2.403,24 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 121 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 6,8 km² | ||||
Bañado por | Riera de Arenys (en) e Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 10 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Q20102289 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Estanislau Fors i Garcia (pt) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08350 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08006 | ||||
Código territorial IDESCAT | 080060 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | arenysdemar.cat | ||||
É un importante porto pesqueiro, o principal da provincia de Barcelona e recreativo, tanto é así que o porto e os seus servizos é o motor principal da economía do municipio.
Xeografía
editarArenys de Mar está situado no litoral da Costa Brava, entre Caldes d'Estrac e Canet de Mar, ao pé do Parque Natural do Montnegre e o Corredor.
Dista cerca de 40 km de Barcelona. Arenys de Mar está ligada á estrada nacional N-II, á autoestrada C-32 e á rede ferroviaria local (Rodalies, liña C-1). Dista 40 km do aeroporto internacional de Xirona e 56 km do Aeroporto de Barcelona.
Historia
editarArenys del Mar naceu no século XIV como barrio costeiro da localidade veciña de Arenys de Munt. Foi obxectivo das correrías dos piratas bérberes, polo que se construíron parta protexer o lugar fortificacións, como 13 torres defensivas. En 1599 obtivo o título de cidade, constituíndose en municipio.
No transcurso do século XVII a poboación viuse decimada por causa da epidemia de cólera do ano 1653. Arenys de Mar tivo unha certa importancia como porto comercial durante os séculos XVIII e XIX, por ser único porto ben dotado existente na costa setentrional da provincia de Barcelona.
Demografía
editarConta cunha poboación de 16 155 habitantes (INE 2022).
Gráfica de evolución demográfica de Arenys de Mar[1] entre 1842 e 2021 |
Poboación de dereito segundo os censos de poboación do INE. Poboación de feito segundo os censos de poboación do INE. |
Economía
editarA economía de Arenys de Mar baséase esencialmente na pesca (escasa entre 2006 e 2007) e no turismo estival. Arenys é aínda o principal porto do Maresme e mantén unha importante frota de pesqueiros. A poxa de peixe vespertina ten lugar decote e atrae moitos turistas.
Arenys é meta de turismo de praia (tén a sonada praia del Cabaió) e cultural, polas súas fortificacións, o museo, o porto e mesmo polo mito de Sinera, creado polo grande poeta catalán Salvador Espriu, que tanto amou esta terra.
Sitios de interese
editarSalienta a igrexa de Santa Maria d'Arenys, obra de Pau Costa (1685) e a edificación de estilo modernista que acolle o mercado.
Galería de imaxes
editar-
Concello
-
Vista de Arenys
-
Can Taxonera
Notas
editar- ↑ Instituto Nacional de Estadística (España). "Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842". Consultado o 14 de outubro de 2023.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arenys de Mar |