Abrir o menú principal

Canet de Mar é un concello español da costa do Maresme, na provincia de Barcelona, Cataluña. Está situado a 43 quilómetros de Barcelona, entre os municipios de Arenys de Mar e Sant Pol de Mar.

Canet de Mar
Localización
Localització de Canet de Mar respecte del Maresme.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaMaresme
Xeografía
Altitude15 msnm
Superficie5,56 km²
Demografía
Poboación14.072 hab. (2011)
Densidade2.530,94 hab/km²
XentilicioCanetenc, canetenca
Outros datos
Código postal08360
AlcaldeBlanca Arbell (ERC)
www.canetdemar.org
Paseo marítimo e praia de Canet

Segundo datos do INE tiña 14.072 habitantes en 2011. Nos últimos anos, a poboación creceu considerablemente coa expansión da presión inmobiliaria fóra dos límites da área metropolitana de Barcelona, dobrando a súa poboación en pouco máis de 10 anos.

A industria dominante no municipio, polo seu carácter costeiro, é o turismo, xunto coa explotación agrícola (a floricultura e o cultivo de amorodos), ademais da industria téxtil. En Canet de Mar atópase a Escola Universitaria de Enxeñería técnica en tecidos de punto, único centro de España que ofrece este tipo de estudos.

XeografíaEditar

Canet de Mar está situado no litoral da Costa Brava, entre Arenys de Mar e Sant Pol de Mar, ao pé do Parque Natural do Montnegre e o Corredor e da Serra de Vallalta. O pùnto máis alto do concello é o Turó d'en Venteveió, con 312 metros.

Canet ten pendentes abruptas e barrancos que morren en vales polos que pasan torrentes ata chegar a rieras e coa terra erosionada pola auga fórmanse as praias.

HistoriaEditar

Canet de Mar nace no século XI como unha pequena aldea e coñécese entón como la Vall de Canet i Romaguera. En 1579 separouse de Sant Iscle de Vallalta.

Desde o século XI, Canet recoñeceuse como núcleo destacado cultural, artístico e social. O modernismo tamén deixou pegada grazas a Lluís Domènech i Montaner (1850-1923) coa casa Roura, a casa Domènech i Montaner, l'Ateneu Canetenc e a reforma do castelo de Santa Florentina, antiga masía fortificada restaurada no século XIX. Non se debe restar importancia ás construcións decimonónicas, contemporáneas e a outras de influencia indiana e colonial.

DemografíaEditar

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008
2.899 4.892 4.831 6.556 8.041 10.138 13.670

Lugares de intereseEditar

 
Castelo de Santa Florentina

En Canet pódense atopar interesantes construcións modernistas de Puig i Cadafalch, Calvet e Domènech i Montaner, entre outros. Edificios deste período son a Casa Roure, a casa Domènech i Montaner, e o Ateneu Canetenc. Escultores como Josep Llimona, Carles Flotats e Eusebi Arnau tamén deixaron a súa pegada no municipio.

Ademais da influencia modernista, tamén atopamos construcións como o Castelo de Santa Florentina (século XI), o templo de Sant Pere de Canet (século XVI), ou o Santuario da Misericordia (século XIX), patroa do Maresme.

FestividadesEditar

  • 1 de maio: Reunión en Pedracastell.
  • 29 de xuño: Festa Maior de San Pedro.
  • 8 de setembro: Festa Maior pequena. Día da Virxe da Misericordia.
  • Os mércores celébrase o mercado semanal.

Véxase taménEditar