Josep Llimona

artista español

Josep Llimona i Bruguera, nado en Barcelona 8 de abril de 1864 e finado na mesma cidade o 27 de febreiro de 1934, foi un escultor, considerado dos mellores representantes da escultura modernista catalá.[1][2]

Modelo:BiografíaJosep Llimona

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de abril de 1864 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de febreiro de 1934 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPoblenou Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola de Llotja Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoModernismo catalán Editar o valor en Wikidata
ProfesoresRossend Nobas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosFrancesc Socies i March (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosMaria Llimona i Benet, Rafael Llimona Benet Editar o valor en Wikidata
PaiJosep Llimona i Bonafont Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoan Llimona Bruguera Editar o valor en Wikidata
ParentesNúria Llimona i Raymat, sobriña
Mercè Llimona i Raymat, sobriña
Jordi Llimona i Barret, neto Editar o valor en Wikidata

BNE: XX901782

Traxectoria

editar
 
Ramon Berenguer III el Gran en Barcelona
 
O forxador, na praza de Cataluña de Barcelona

Irmán do pintor Joan Llimona e tío da ilustradora Mercè Llimona e da pintora Núria Llimona, estudou na escola da Llotja e no taller dos irmáns Agapit e Venaci Vallmitjana. Tamén foi alumno de Rossend Nobas, co cal traballou dous anos, e do pintor Martí i Alsina, na Escola de Belas Artes de Barcelona.

Con 16 anos (1880) consegue co El fill pròdig (O fillo pródigo)[1] a pensión Fortuny, que outorgaba o concello de Barcelona,trasladándose a Roma durante 4 anos co seu irmá Joan. Alá vai traballar no taller de Enric Serra e vai estudar na Academia Giggi. Durante o primeiro ano realizou as dúas obras que por contrato lle esixía a pensión, Patrici romà(Patricio romano) e o borrador da estatua ecuestre do conde Ramon Berenguer o Grande, obra que lle permite a Josep Llimona a renovación da pensión por un ano máis e así puido, durante un novo período, modelar o monumento na medida definitiva. Presentada a obra na Exposición Universal de Barcelona de 1888, obtén a medalla de Ouro, que foi a recompensa de maior valor concedida polo xurado internacional de escultura.A obra orixinal queda baixo propiedade do concello a cambio dunha pensión de e hoxe en día pódese ver na praza de Ramón Berenguer da cidade. Para esta exposición tamén presentou unha estatua de Ramon Berenguer O Vello, que, feita en bronze, figura entre os monumentos expostos no Salón de Sant Joan, e no friso do Arco de Triunfo de Barcelona de Barcelona.

O seu irmán comezou unha vida relixiosa moi activa, que influíu fortemente a Josep Llimona, e vainos levar a fundar xunto con outros artistas, o Cercle Artístic de Sant Lluc o ano 1893, para preservar a arte dos excesos dos artistas da época. Tamén comezou a realizar obras de temática relixiosa coma a Mare de Déu del Roser, Consumatum est ou Primera Comunió.

O ano 1900 presentou en Olot unha exposición de espidos femininos. Pouco despois, o 1901, morría a súa muller, feito que marcaría o seu carácter introvertido.

Os anos seguintes realizou diversos encargos, tanto de temática funeraria coma o L'Àngel exterminador no cemiterio de Comillas coma monumentos civís, coma o Monument al Dr. Robert. No 1907 presenta Desconsol na Exposición Internacional de Belas Artes de Barcelona, que lle achega o Premio de Honor. A obra foi adquirida polo museo municipal da cidade. No 1909 foi nomeado rexedor do concello e vocal da Xunta de Museos. Posteriormente acadaría a presidencia da xunta entre o 1918 e o 1924.

No 1920 realizouse unha Exposición de Belas Artes en Barcelona, onde van adicar unha sala enteira en homenaxe. Catro anos máis tarde realiza unha estatua de Sant Jordi que é considerada unha das súas mellores obras.

Foi elixido de novo presidente da Xunta de Museos no 1931, cargo que mantería ata a súa norte. Foi un período moi produtivo, xa que no 1934 inaugúrase o Museu d'Art de Catalunya, actual MNAC.

Foi mestre da escultora Margarida Sans i Jordi, que foi a súa alumna preferida e a súa sucesora, de acordo ó propio artista[3]. Contou coa presenza de Enric Monjo no seu taller, ó cal introduciu no novecentismo.

Obra e estilo

editar
 
Josep Llimona, L'àngel exterminador (O anxo exterminador) no cemiterio de Comillas, Cantabria

As súas primeiras obras foron académicas, porén a partir dunha estadía en París, influenciado por Auguste Rodin, o seu estilo derivou cara ó modernismo, e a comezos do século XX incorporouse ó simbolismo. Fixo un traballo extensísimo, realizando exposicións en Cataluña, Madrid, París, Bruxelas e Buenos Aires.

Outra obra representativa é Idil•li (Idilio), obra que posúe unha colección particular arxentina; o monumento fúnebre da señora de Chopitea (Buenos Aires); o grupo Amor a la infància, situado nas Escolas do Bosco de Montjuïc, e o gran monumento erixido na praza da Universidade de Barcelona ó Monument al Doctor Robert, obra complexa, na que sobresaen o grupo de do pobo e que esculpe en pedra branca representando as ensinanzas do excelente mestre.

Merecen especial mención as obras de arte aplicadas realizadas por Llimona, sendo as de maior importancia un báculo pastoral ofrecido o bispo de Vic, un artístico xogo de café que debía ofrecerse coma agasallo de vodas a un rei, e diversas xoias nas que o valor artístico supera ó intrínseco, aínda sendo este elevado.

Como debuxante produciu un número considerable de estudos excelentes sobre a natureza.

Premios e recoñecementos

editar

Obras salientables

editar
 
Desconsol, no estanque diante do Palau del Parlament de Catalunya, no parc de la Ciutadella
  1. 1,0 1,1 "Josep Llimona i Bruguera". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  2. Obituario publicado no diario La Vanguardia de 28/2/1934 (en castelán)
  3. xtec.es, LA DONA: "SUBJECTE" i "OBJECTE" DE L'OBRA D'ART., pàgina 140

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar