Mosteiro de Montserrat
O mosteiro de Santa María de Montserrat é un mosteiro beneditino situado en Cataluña. Atópase na montaña de Montserrat, pertencente á comarca do Bages, provincia de Barcelona, a unha altura de 720 metros sobre o nivel do mar. Administrativamente pertence ao municipio de Monistrol de Montserrat, aínda que algúns dos seus terreos próximos entran no termo de Collbató.
Mosteiro de Montserrat | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | mosteiro beneditino ![]() | |||
Estilo | arquitectura románica, arquitectura gótica, arquitectura do Renacemento e arquitectura ecléctica ![]() | |||
Diocese | Diocese de Sant Feliu de Llobregat (pt) ![]() ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Comarca | Bages | |||
Concello | Monistrol de Montserrat ![]() | |||
Altitude | 720 m ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | século XI ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Distincións | Medalla de Ouro da Generalitat de Cataluña e Creu de Sant Jordi ![]() | |||
Ben cultural de interese local | ||||
Id. IPAC | 16806 ![]() | |||
Composto por | ||||
Basilica of Our Lady of Montserrat (en) ![]() ![]() | ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | abadiamontserrat.cat ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Coa súa imaxe da Virxe de Montserrat, é un símbolo para Cataluña e converteuse nun punto de peregrinación para crentes e de visita obrigada para os turistas.
Dentro das diferentes accións que se desenvolven en Montserrat destaca a escolanía, que é un dos coros de nenos cantores máis antigos de Europa.
O santuario de Montserrat, xunto cos santuarios de Torreciudad, El Pilar e Lurdes conforman a Ruta mariana, itinerario guiado pola espiritualidade e devoción mariana, posuidor dunha gran riqueza patrimonial, gastronómica e natural.
Galería de imaxes
editar-
Vista desde a roca Sant Jaume
-
Claustro da Santa Cova
-
Fachada principal da basílica
-
Interior da basílica
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mosteiro de Montserrat |