Caldes d'Estrac
Caldes d'Estrac, coñecido popularmente co diminutivo Caldetes, é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Maresme. A localidade está situada na costa, entre os municipios de Sant Vicenç de Montalt e Arenys de Mar, e a uns 11 km de Mataró, capital da comarca, e a 40 km de Barcelona.
Caldes d'Estrac | ||
---|---|---|
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade autónoma | ![]() | |
Provincia | Barcelona | |
Comarca | Maresme | |
Xeografía | ||
Altitude | 33 msnm | |
Superficie | 0,90 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 2.783 hab. (2010) | |
Densidade | 3.092,22 hab/km² | |
Xentilicio | caldenc, caldenca | |
Outros datos | ||
Código postal | 08393 | |
Alcalde | Joaquim Arnó i Porras (CiU) | |
www.caldetes.cat |
HistoriaEditar
Os seus inicios remóntanse ao século XIII, levantado ao redor dun antigo hospital e dunha igrexa. O emprazamento dunha fonte de augas termais, deu o nome ao municipio.
Desde 1870 ata 1920, Caldetes, viviu unha primeira idade de ouro, ao ser centro de veraneo da burguesía catalá. Importantes poetas e escritores cataláns como Apel·les Mestres, Joan Maragall, Jacint Verdaguer ou Josep Palau i Fabre, viviron no municipio. Aínda que se considera que o diminutivo de Caldetes (aplicado especialmente ao barrio marítimo ou vila nova) naceu no século XVIII, o nome xa foi utilizado o ano 1600, na Xeografía de Cataluña de Pere Gil. Durante a Guerra civil española Caldetes foi considerada cidade aberta por ter varias embaixadas dentro do municipio, o que significaba que non podía ser bombardeada.
DemografíaEditar
- Evolución demográfica de Caldes d'Estrac entre 1996 e 2007
1996 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1.751 | 1.808 | 1.937 | 1.973 | 2.228 | 2.137 | 2.310 | 2.448 | 2.508 | 2.607 | 2.672 |
- Gráfico demográfico de Caldes d'Estrac
EconomíaEditar
A economía do pobo, baséase nas augas termais e o turismo de verán.
ComunicaciónsEditar
A estrada N-II comunica o termo co resto de municipios da costa, e unha estrada local úneo con Sant Vicenç de Montalt. Ten unha estación de ferrocarril de proximidades.
Lugares de intereseEditar
- Vila Vella, no alto do pobo, na que se atopan masías como Can Milans de Caldes, con elementos góticos e fortificada, e Can Gili, orixinaria do século XVI, moi reconstruída no 1910, por Francesc Nebot.
- A igrexa de Santa María, situada no núcleo antigo do pobo, foi construída do 1805 ao 1829, sobre unha antiga igrexa do século XIII, da que só se conserva a pila bautismal, os capiteis dos arcos da fachada e unha lápida con carácteres góticos. O retablo orixinal foi queimado durante a guerra civil española.
- A Torre Verda e a Torre Busquets, son dúas torres de defensa, ambas do século XVI. As dúas torres só separadas por uns metros, teñen xunto a elas, dous masías, hoxe en día moi restauradas. As dúas torres están catalogadas como, Ben Cultural de Interese Nacional.
- O Paseo de Mar e o Paseo dos Ingleses, son dúas avenidas xunto ao mar, con notables casas de veraneo, a maioría de estilo novecentista e modernista.
- Forno de cerámica do século XVI, descuberto casualmente en xullo de 2009 durante unhas obras na zona coñecida como o "Forn de les Escaletes".
- A Fundació Palau foi inaugurada en maio de 2003, exhibe e difunde o fondo artístico da colección de arte persoal de Josep Palau i Fabre, así como os seus arquivos e biblioteca, do cal é de grande importancia o fondo documental sobre Picasso.
FestasEditar
- Festa Maior: primeiro ou segundo fin de semana de setembro.
- Festa local: festa de Santa Lucía, o 13 de decembro.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Caldes d'Estrac |