Lloret de Mar
Lloret de Mar é unha cidade e concello costeiro da comarca da Selva, no sur da provincia de Xirona, en Cataluña. Pioneira do turismo europeo na década de 1950, converteuse nun dos destinos turísticos mediterráneos máis importantes e coñecidos de España.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Ámbito funcional territorial | Comarques Gironines | ||||
Comarca | Selva | ||||
Capital | Lloret de Mar (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 41.559 (2023) (853,37 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 88 (1553) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 48,7 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 5 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Román de Antioquía e Cristina de Bolsena | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Adrià Lamelas Martínez (en) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 17310 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 17095 | ||||
Código territorial IDESCAT | 170950 | ||||
Ben de interese cultural | |||||
Identificador | RI-54-0000042-00002 | ||||
Páxina web | lloret.cat | ||||
Está dotada dunhas praias excelentes de area granulada. Posúe tamén unhas magníficas vistas ao castelo nun extremo e ao outro o monumento a "A Muller Mariñeira" que representa o sufrimento das mulleres esperando a volta dos seus maridos pescadores.
Historia
editarHai vestixios das épocas ibérica e romana en varios xacementos arqueolóxicos. Na Idade Media, aparece documentado por primeira vez en 966 coa forma Lauredo, unha versión da palabra latina "lauretum" (loureiro). Como moitas poboacións costeiras do Mediterráneo, Lloret padeceu frecuentes incursións dos sarracenos durante a Idade Media. Dise que a tradición do baile de "Ses Almorratxes" orixinouse naquela época.
O núcleo actual da poboación formouse no s. XV ao redor da praia (Anteriormente, achábase a 1 km terra a dentro, para evitar ou se fose necesario para prepararse aos ataques dos piratas, e xunto á Ermida de Les Alegries, que foi a igrexa principal da Vila antes de que se edificase a actual Igrexa de Sant Romà).
A partir do s. XVIII o porto de Lloret (actualmente sen vestixios) foi tomando cada vez maior importancia grazas ao comercio, do que son recordo as casas edificadas polos indianos.
Lugares de interese
editar- Igrexa de Sant Romà
- Castelo de Sant Joan.
- Cemiterio modernista
- Poboado ibérico de Puig de Castellet.
- Poboado ibérico de Montbarbat.
- Sant Pere do Bosc.
- Monumento ao Anxo.
- Oratorio da Mare de Déu de Gràcia.
- Monumento á Muller Mariñeira.
- Ermida de Santa Cristina.
- Ermida das Alegries
- Ermida de Sant Quirze
- Xardíns de Santa Clotilde
- Museo do Mar - Can Garriga
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lloret de Mar |