Bàsquet Manresa
O Bàsquet Manresa, S.A.D. é un club de baloncesto catalán con sede na cidade de Manresa. Actualmente, é tamén coñecido coma BAXI Manresa por motivos de patrocinio. Fundado en 1931, actualmente compite na Liga ACB, a máxima categoría do baloncesto español. O equipo disputa os seus partidos como local no Pavelló Nou Congost, recinto con capacidade para acoller 5 000 espectadores, inaugurado o 10 de setembro de 1992 con motivo da celebración da XIII Edición da Lliga Catalana de Bàsquet.
BAXI Manresa | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ACB |
Fundación | 1931 |
Historia | Manresa B.C. (1931−1934) Unió Manresana (1934−1940) C.E. Manresa (1940−1979) Manresa E.B. (1979−1992) |
Cores | Vermello, branco |
Presidente | Josep Sàez |
Adestrador | Pedro Martínez |
Patrocinador | Baxi |
Localización | |
Cidade | Manresa, España |
Pavillón | Nou Congost |
Capacidade | 5 000 |
Inauguración | 10 de setembro de 1992 |
Campionatos | |
Liga | 1 (1998) |
Liga LEB | 1 (2007) |
Copa | 1 (1996) |
basquetmanresa.com |
Entre os éxitos do club destacan o título da ACB da temporada 1997−98 e unha Copa do Rei conseguido en 1996. O xogador máis destacado da historia do Manresa é Joan "Chichi" Creus, o cal foi nomeado xogador máis valioso nos dous grandes títulos. Outros xogadores destacados que formaron parte do club son Juan Domingo de la Cruz, Roger Esteller, Derrick Alston, Harper Williams, Serge Ibaka, Andrés Nocioni, Rolando Frazer e, sobre todo, o membro do Basketball Hall of Fame George Gervin, quen xogou no equipo á idade de 38 anos axudandoo, con 23,1 puntos par partido, a acadar a salvación.
Historia
editarO Bàsquet Manresa foi fundado no ano 1931 co nome de Manresa Bàsquetbol Club.[1] Tres anos despois, en 1934, o club fusionouse co Club Bàsquet Bages, nacendo así a Unió Manresana de Bàsquet. O primeiro título do club chegou en 1940, cando gañaron a Copa Barcelona. Ademais, ese ano pasaron a formar parte, como sección de baloncesto, do Centre d'Esports Manresa. En 1967−68 o club logra un gran logro deportivo co ascenso á Primeira División. Para a seguinte temporada, xa na máxima categoría, o equipo inaugura o pavillón Congost. Na temporada 1971−72, o equipo clasifícase para xogar por vez primeira en competicións europeas, concretamente na Copa Korać.[1]
En 1979 o club independízase do CE Manresa e muda o seu nome a Manresa Esportiu Bàsquet, converténdose nun equipo habitual da Liga ACB. Co patrocinio da firma TDK entre 1985 e 2000, o club consegue os seus maiores logros. En 1992, o club constituese como Sociedade Anónima Deportiva e adopta a súa denominación actual, Bàsquet Manresa S.A.D. Esa mudanza de nome permite a fusión definitiva do Manresa EB e o seu antigo rival, o CB Manresa. O primeiro grande éxito do club chega pouco tempo despois, conseguindo en 1996 a Copa do Rei de Baloncesto após venceren na final ao FC Barcelona por 94−92 no Palacio de Deportes de Murcia.[1]
A primeira liga
editarNa tempadaa 1997-98, dúas temporadas despois de gañar a Copa, chegaría o grande éxito do club, a conquista da Liga ACB. Despois de finalizar sextos en liga, nos playoffs o equipo dirixido por Luis Casimiro conseguiu superar ao Estudiantes (3−1), que quedara terceiro na liga, ao Real Madrid Teka (3−1) de Bodiroga e Herreros, que quedara segundo, e ao TAU Cerámica (3−1), que quedara primeiro, e xogando todas as eliminatorias co factor cancha en contra. Joan "Chichi" Creus foi nomeado mellor xogador en ambos títulos conseguidos. Deste xeito o equipo de Manresa converteuse no cuarto equipo en gañar a Liga ACB.[1][2]
O equipo campión estaba integrado por: Joan Creus, Chus Lázaro, Román Montáñez, Pere Capdevila, Paco Vázquez, Derrick Alston, Jordi Singla, Lisard González, Herb Jones, Bryant Sallier e Enrique Moraga.[3]
Co título de liga colleitado, o equipo consegue a súa primeira e única participación na Euroliga. Na máxima competición continental tiveron que competir no Grupo B contra Cibona, Crvena zvezda, Efes Pilsen, Maccabi Tel Aviv e Panathinaikos. Porén o equipo non consegue continuar na competición ao gañar tan só tres encontros dos dez disputados.
Descenso
editarDous anos despois de conquistar a Liga ACB, na temporada 1999−2000 o equipo perde a categoría nun partido en Xixón. Despois de pasar tres temporadas na Liga LEB, o equipo regresa á Liga ACB, onde permanece até a tempada 2005–06. Con todo, o equipo regresa en tan só un ano e permanece de novo na elite até a temporada 2016–17. Na seguinte temporada o equipo volve regresar á ACB tras finalizar segundo na LEB Ouro despois do Club Baloncesto Breogán.[4]
Patrocinios
editarPor motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Manresa Kan's (1967–1971)
- Manresa La Casera (1971–1977)
- Icab Manresa (1977–1979)
- Marlboro Manresa (1979–1980)
- Caixa Manresa (1981–1982, 1984–1985)
- Seguros Velázquez Manresa (1982–1983)
- Ebro Manresa (1983–1984)
- TDK Manresa (1985–2000)
- Minorisa.net Manresa (2000–2002)
- Ricoh Manresa (2002–2009)
- Suzuki Manresa (2009–2010)
- Assignia Manresa (2010–2012)
- La Bruixa d'Or Manresa (2013–2015)
- ICL Manresa (2015–2018)
- BAXI Manresa (2018–presente)
Xogadores
editarCadro actual
editarBAXI Manresa 2022−2023 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Dorsais retirados
editarDorsais retirados polo Bàsquet Manresa | ||||
N° | Xogador | Posición | Etapa | |
---|---|---|---|---|
7 | Joan Creus | Base | 1993–2001 | |
9 | Joan Peñarrolla | Ala | 1987–2003 | |
10 | Pep Pujolrás | Ala | 1986–1992 | |
15 | Jordi Singla | Ala-pivote | 1989–2004 |
Destacados
editar- Joan Creus
- Juan Domingo de la Cruz
- Germán González
- Roger Grimau
- Serge Ibaka
- Rafa Martínez
- Albert Oliver
- Pep Pujolrás
- Jordi Singla
- Juan Alberto Espil
- Andrés Nocioni
- Juan Pablo Vaulet
- Derrick Alston
- Toby Bailey
- George Gervin
- Granger Hall
- Nate Higgs
- Jeff Lamp
- Clyde Mayes
- Kenny Simpson
- Charles Thomas
- Linton Townes
- Justin Doellman
- Marius Grigonis
- Ádám Hanga
- Rolando Frazer
- Kieron Achara
Adestradores
editarA seguinte é unha lista dos adestradores do Bàsquet Manresa desde 1967.
- Francesc Casé (1967–1968)
- Josep Masseguer (1968–1969)
- Jeroni Alberola (1969–1970)
- Antoni Serra (1970–1977)
- Alfonso Martínez (1977–1978)
- Joan Martínez (1978)
- Josep M. Soler (1978)
- Jaume Berenguer (1978–1979)
- Joan Basora (1979–1981)
- Pere Guiu (1981)
- Miguel López Abril (1981)
- Jaume Ventura (1981–1984)
- Germán González (1984)
- Francesc Canellas (1984–1985)
- Miquel Bataller (1985)
- Juanito Jiménez (1985–1986)
- Joan María Gavaldá (1986–1988)
- Flor Meléndez (1988–1990)
- Ricard Casas (1990)
- Pedro Martínez (1990–1994)
- Salva Maldonado (1994–1997)
- Luis Casimiro (1997–1999)
- Manel Comas (1999–2000)
- Salva Maldonado (2000–2001)
- Ricard Casas (2001–2005)
- Xavier García (2005)
- Óscar Quintana (2005–2007)
- Jaume Ponsarnau (2007–2013)
- Borja Comenge (2013–2014)
- Pere Romero (2014)
- Pedro Martínez (2014–2015)
- Ibon Navarro (2015–2017)
- Aleix Duran (2017–2018)
- Diego Ocampo (2018)
- Joan Peñarroya (2018–2019)
- Pedro Martínez (2019–presente)
Palmarés
editar- Campións (1): 1997−98
- Campións (1): 1996
- Subcampións (1): 1980
- Campións (1): 2007
- Subcampións (2): 2002, 2018
Liga Catalá
- Campións (2): 1997, 1999
- Subcampións (4): 1996, 1998, 2000, 2016
Historial
editarAno | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1967–68 | 2 | 2ª División | 2º | 24–5 | ||||||
1968–69 | 1 | 1ª División | 11º | 7–16 | ||||||
1969–70 | 2 | 2ª División | 1º | 19–3 | ||||||
1970–71 | 1 | 1ª División | 4º | 11–1–10 | Semifinais | |||||
1971–72 | 1 | 1ª División | 8º | 9–13 | Cuartos de final | 3 Copa Korać | CF | 0–2 | ||
1972–73 | 1 | 1ª División | 7º | 14–1–15 | Oitavos de final | |||||
1973–74 | 1 | 1ª División | 6º | 13–2–13 | Cuartos de final | |||||
1974–75 | 1 | 1ª División | 5º | 9–3–10 | Semifinais | |||||
1975–76 | 1 | 1ª División | 6º | 13–19 | ||||||
1976–77 | 1 | 1ª División | 9º | 8–1–13 | Primeira rolda | |||||
1977–78 | 1 | 1ª División | 5º | 9–1–12 | Cuartos de final | |||||
1978–79 | 1 | 1ª División | 7º | 10–12 | Oitavos de final | |||||
1979–80 | 1 | 1ª División | 6º | 10–12 | Subcampión | |||||
1980–81 | 1 | 1ª División | 8º | 10–1–15 | Semifinais | |||||
1981–82 | 1 | 1ª División | 7º | 13–13 | Oitavos de final | |||||
1982–83 | 1 | 1ª División | 9º | 10–16 | Oitavos de final | |||||
1983–84 | 1 | ACB | 16º | 5–23 | ||||||
1984–85 | 2 | 1ª División B | 3º | 17–9 | ||||||
1985–86 | 1 | ACB | 10º | 14–16 | Copa Príncipe | CF | ||||
1986–87 | 1 | ACB | 10º | 14–17 | Copa Príncipe | 2º | ||||
1987–88 | 1 | ACB | 15º | 17–16 | Copa Príncipe | CF | 3 Copa Korać | R2 | 1–1 | |
1988–89 | 1 | ACB | 20th | 18–22 | Oitavos de final | |||||
1989–90 | 1 | ACB | 22º | 17–16 | Oitavos de final | |||||
1990–91 | 1 | ACB | 18º | 18–20 | Cuartos de final | |||||
1991–92 | 1 | ACB | 13º | 17–23 | Primeira rolda | |||||
1992–93 | 1 | ACB | 13º | 16–18 | Cuartos de final | |||||
1993–94 | 1 | ACB | 7º | 22–12 | Segunda rolda | |||||
1994–95 | 1 | ACB | 4º | 23–21 | Segunda rolda | 3 Copa Korać | FG | 6–4 | ||
1995–96 | 1 | ACB | 4º | 28–18 | Campións | 3 Copa Korać | FG | 5–5 | ||
1996–97 | 1 | ACB | 8º | 19–18 | Cuartos de final | 2 EuroCup | OF | 7–7 | ||
1997–98 | 1 | ACB | 1º | 30–16 | Semifinais | 3 Copa Korać | R32 | 5–3 | ||
1998–99 | 1 | ACB | 11º | 16–18 | 1 Euroliga | FG | 5–11 | |||
1999–00 | 1 | ACB | 17º | 11–23 | ||||||
2000–01 | 2 | LEB | 3º | 26–12 | Copa Príncipe | 2º | ||||
2001–02 | 2 | LEB | 2º | 32–1–8 | Copa Príncipe | SF | ||||
2002–03 | 1 | ACB | 13º | 15–19 | ||||||
2003–04 | 1 | ACB | 9º | 16–18 | Cuartos de final | |||||
2004–05 | 1 | ACB | 13º | 12–22 | ||||||
2005–06 | 1 | ACB | 17º | 12–22 | ||||||
2006–07 | 2 | LEB | 1º | 26–15 | ||||||
2007–08 | 1 | ACB | 11º | 14–20 | ||||||
2008–09 | 1 | ACB | 11º | 14–18 | ||||||
2009–10 | 1 | ACB | 12º | 14–20 | ||||||
2010–11 | 1 | ACB | 15º | 10–24 | ||||||
2011–12 | 1 | ACB | 12º | 15–19 | ||||||
2012–13 | 1 | ACB | 18º | 6–28 | ||||||
2013–14 | 1 | ACB | 17º | 7–27 | ||||||
2014–15 | 1 | ACB | 16º | 11–23 | ||||||
2015–16 | 1 | ACB | 16º | 10–24 | ||||||
2016–17 | 1 | ACB | 17º | 5–27 | ||||||
2017–18 | 2 | LEB Ouro | 2º | 33–14 | Copa Princesa | 2º | ||||
2018–19 | 1 | ACB | 8º | 17–19 | ||||||
2019–20 | 1 | ACB | 13º | 9–14 | 3 Champions League | FG | 7–7 | |||
2020–21 | 1 | ACB | 10º | 17–19 | ||||||
2021–22 | 1 | ACB | 7º | 20–16 | Cuartos de final | 3 Champions League | 2º | 12–4 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Història. Palamarès". basquetmanresa.com. Consultado o 15 de agosto de 2021.
- ↑ Lois, Miguel (7 de febreiro de 2023). "«¡Jolín con el TDK!» Repaso a la liga que ganó el Manresa en 1998". GIGANTES (en castelán). Consultado o 1 de abril de 2024.
- ↑ Maestre, Mike (4 de xullo de 2020). "La Liga del Manresa: una gesta histórica con Joan Creus como líder". GIGANTES (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2024.
- ↑ "CB Breogán SAD y Bàsquet Manresa SAD ya son clubes ACB". acb.com. 16 de xullo de 2018. Consultado o 15 de agosto de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bàsquet Manresa |