Diego Ocampo

futbolista español

Diego Ocampo, nado en Ourense o 9 de xaneiro de 1976, é un adestrador galego de baloncesto, que actualmente adestra o Bàsquet Manresa, da Liga ACB, e a selección da República Checa.

Modelo:BiografíaDiego Ocampo

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2002–2004 Club Ourense Baloncesto (segundo adestrador)
2004–2005 Club Básquet Tarragona (pt) Traducir (segundo adestrador)
2005–2007 Club Básquet Tarragona (pt) Traducir
2007–2008 CB Sant Josep (segundo adestrador)
2008–2014 Real Betis Baloncesto (segundo adestrador)
2014–2015 CB Murcia
2015–2016 CB Estudiantes
2016–2018 Club Joventut de Badalona
2018–2018 Bàsquet Manresa
2018–2020 FC Barcelona B (pt) Traducir
2020–2020 Basket Zaragoza 2002
2021–2022 Skyliners Frankfurt
2022– CB Tizona
2023– Seleção Checa de Basquetebol (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Ocampo iniciou a súa carreira profesional nas categorías inferiores do AB Ourense e a súa primeira experiencia como profesional foi na liga LEB 1 como axudante do Club Ourense Baloncesto. Alí permaneceu dúas tempadas ata que na 2004-05 marchou como segundo adestrador de Salva Maldonado ao CB Tarragona. Tras a destitución de Maldonado, o técnico ourensán fíxose cargo do equipo durante dúas tempadas máis, chegando a clasificar ao club catalán por primeira e única vez na súa historia para os 'play-offs' de ascenso á liga ACB.

Finalizado o seu periplo en Tarragona, deu o salto á máxima categoría para acompañar a Pedro Martínez ao ambicioso proxecto do Akasvayu Girona. Un ano despois, marchou ao club no que máis tempo permaneceu, o Cajasol Sevilla. Aterrou na capital hispalense na tempada 2008-09 como adestrador axudante e a súa relación co club sevillano prolongouse durante seis campañas. Nese período, Ocampo tivo a oportunidade de traballar como axudante de Pedro Martínez Sánchez, Joan Plaza e Aíto García Reneses.

Durante a súa etapa en Sevilla, Ocampo traballou tamén nas categorías inferiores da selección española, dirixindo as seleccións sub-16 e sub-17. En 2009 logrou o ouro no Europeo de Kaunas, ao mando da sub-16, mentres que un ano despois dirixiu á sub-17 no Mundial de Hamburgo, e en 2011 conseguiu o bronce coa sub-16 na República Checa.

No verán de 2014 asinou contrato co club UCAM Murcia CB para exercer como primeiro adestrador por unha campaña, en substitución de Marcelo Nicola. Con el ao mando, o equipo conseguiu realizar a mellor tempada da historia do club en ACB para finalizar cunha marca de 17-17 en liga regular e pelexando até as últimas xornadas por entrar en playoff. Con todo, o club non lle ofreceu a renovación ao termo da tempada.

O 15 de xullo de 2015 foi presentado como novo adestrador do CB Estudiantes, club histórico da ACB cunha longa tradición baseada na súa prolífica canteira de formación. Foi cesado en xaneiro de 2016. En xullo de 2016 foi anunciado como novo adestrador do Club Joventut de Badalona.[1] O 7 de febreiro de 2018 foi destituído como adestrador do Joventut debido ao malos resultados.

O 29 de abril de 2018 converteuse no adestrador do Básquet Manresa tras o final da tempada regular, co obxectivo de devolver o equipo á Liga ACB nos play-offs de ascenso. Tras eliminar ao Básquet Coruña e ao Trapa Palencia, o equipo derrotou na final ao Club Melilla Baloncesto, logrando volver á máxima categoría só un ano despois do seu descenso. Tras este éxito Ocampo deixou o club para converterse no novo adestrador do filial do FC Barcelona.[2][3] En xullo de 2020 foi anunciado como novo adestrador do Casademont Zaragoza para as dúas seguintes tempadas.[4] Con todo, ocupou o cargo durante menos de catro meses, sendo destituído en novembro debido aos malos resultados obtidos.[5]

En xuño de 2021 puxo rumbo a Alemaña, onde asinou como novo adestrador do Skyliners Frankfurt, da Bundesliga,[6] onde permaneceu ata marzo de 2022. A continuación regresou a España e fichou polo Tizona de Burgos, co que consegiu o ascenso á LEB Ouro na tempada 2022/23.

En xullo de 2023 converteuse no adestrador da selección da República Checa, cargo que compaxinou co seu traballo á fronte do Tizona na LEB Ouro.[7] En xuño de 2024 deixou Burgos para regresar ao banco do Manresa, da ACB.[8]

Traxectoria en clubs

editar

Traxectoria nas seleccións

editar
  • 2006-07. España. Adestrador axudante e preparador físico da Selección B.
  • 2009. Seleccionador España Sub16.
  • 2010. Seleccionador España Sub17.
  • 2011. Seleccionador España Sub16.
  • 2008. Seleccionador de Galicia.
  • 2009. Seleccionador de Galicia.
  • 2023-act. Seleccionador da República Checa.

Palmarés

editar
  • 2007/08. Akasvayu Girona. ULEB Cup. Subcampión
  • 2009. España. Europeo Sub16, en Kaunas (Lituania). Ouro
  • 2010/11. Cajasol Sevilla. Eurocup. Subcampión
  • 2011. España. Europeo Sub16, en Hradec Kralove e Pardubice (República Checa). Bronce
  • 2017/18. ICL Manresa. LEB Ouro. Campión.
  1. "El ourensano Diego Ocampo, nuevo entrenador del Joventut". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xullo de 2016. Consultado o 15 de xullo de 2020. 
  2. "Diego Ocampo deja el Manresa tras ascender a la Liga Endesa" (en castelán). 28 de xuño de 2018. Consultado o 15 de xullo de 2020. 
  3. "Diego Ocampo, nuevo entrenador del filial del Barcelona" (en castelán). 24 de xullo de 2018. Consultado o 15 de xullo de 2020. 
  4. "Diego Ocampo ficha por el Casademont Zaragoza". Marca (en castelán). 11 de xullo de 2020. Consultado o 15 de xullo de 2020. 
  5. "El Casademont Zaragoza destituye a Diego Ocampo" (en castelán). 2 de novembro de 2020. Consultado o 23 de xuño de 2024. 
  6. "El entrenador español Diego Ocampo da el salto a la Bundesliga y ficha por los Fraport Skyliners" (en castelán). 11 de xuño de 2021. Consultado o 23 de xuño de 2024. 
  7. Ron, Jorge (15 de xullo de 2023). "Diego Ocampo aterriza en República Checa para dirigir la selección de baloncesto" (en castelán). Consultado o 23 de xuño de 2024. 
  8. "Diego Ocampo, nuevo entrenador del Baxi Manresa". La Vanguardia (en castelán). 17 de xuño de 2024. Consultado o 23 de xuño de 2024. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar