Palencia Baloncesto

(Redirección desde «Trapa Palencia»)

O Club Deportivo Maristas Palencia, coñecido por motivos de patrocinio como Zunder Palencia é un club de baloncesto profesional español con sede na cidade de Palencia, Castela e León que xoga na Primeira FEB, a segunda categoría do baloncesto español.

Zunder Palencia
Información xeral
Liga España Primeira FEB
Fundación 1979
Cores           Gris, púrpura
Presidente Gonzalo Ibáñez Gallego
Adestrador Natxo Lezcano
Localización
Cidade España Palencia
Pavillón Pavillón Municipal de Palencia (3.500)
www.palenciabasket.com

Historia

editar

O C.D. Maristas de baloncesto ten a súa orixe no Colexio Marista Castela, situado en Palencia. A sección de baloncesto foise potenciando nos anos 1980 coa colaboración de diversos patrocinadores, o que levou ao equipo a varios ascensos, culminados a tempada 2008-09 co ascenso a LEB Ouro, segunda máxima categoría do baloncesto español.

En decembro de 2009, o escolta estadounidense Michael Dickerson converteuse no primeiro xogador con experiencia na NBA en formar parte do persoal do club palentino.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar