Basket Zaragoza 2002

(Redirixido desde "Casademont Zaragoza")

O Basket Zaragoza 2002 S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Casademont Zaragoza é un club de baloncesto profesional español con sede na cidade de Zaragoza, Aragón. Fundado no ano 2002, xurdiu coa idea de recuperar o baloncesto de elite en Zaragoza após as dificultades que atravesaba o Club Baloncesto Zaragoza. Actualmente o club participa na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español. O pavillón onde xogan os seus encontros como local é o Príncipe Felipe, inaugurado o 17 de abril de 1990 e con capacidade para 10 744 espectadores.

Casademont Zaragoza
Triple Cai Zaragoza Granada.jpg
Información xeral
Liga ACB
Fundación 2002
Cores                Vermello, branco, negro
Presidente España Reynaldo Benito
Adestrador España Jaume Ponsarnau
Patrocinador Casademont
Localización
Cidade España Zaragoza, España
Pavillón Pavillón Príncipe Felipe
Capacidade 10 744
Inauguración 17 de abril de 1990
Campionatos
Liga LEB 2 (2008, 2010)
Copa Príncipe 1 (2004)
basketzaragoza.net
Para o equipo que xogou na Liga ACB até 1996, véxase CB Zaragoza.

HistoriaEditar

Debido ás dificultades económicas que afastaron ao Club Baloncesto Zaragoza da elite en 1996, en 2002 un grupo de empresarios funda o Basket Zaragoza 2002 co propósito de devolver á capital aragonesa ao baloncesto de elite masculino. Co apoio financeiro da Caja de Ahorros de la Inmaculada (CAI, do castelán: Caixa de Aforros da Inmaculada), o club comprou a praza do Sondeos do Norte coruñés, equipo que militaba na LEB. Porén, as primeiras andainas non resultaron nada sinxelas. De feito, o equipo houbo de pelexar até o final por non perder a categoría. Após seis temporadas en LEB, o equipo conseguiría o ascenso á Liga ACB o 9 de maio de 2008 tras ao derrotar a L'Hospitalet por 27 puntos (91−64). A primeira temporada do equipo zaragozano na elite iniciouse coa Supercopa, a cal que disputaba o cadro aragonés en calidade de anfitrión. Xa en liga, o equipo acaba en último lugar e descende tan só un ano despois á LEB Ouro.

O descenso supuxo unha renovación na dirección técnica con Willy Villar ao mando e sendo o José Luís Abós o técnico elixido para devolver o equipo á categoría perdida a tempada anterior.[1] Na primeira temporada co novo adestrador o equipo regresa á ACB. Tras asentarse durante os seguintes anos na máxima categoría, en abril de 2013 o equipo clasifícase por vez primeira aos playoffs, conseguindo chegar ás semifinais após venceren ao Valencia Basket en cuartos de final (1−2). En seminais foron eliminados polo Real Madrid por 3−0. Desde aquela, o equipo non conseguiu volver disputar as semifinais da competición. A nivel europeo, o club tan participado na EuroCup, na Basketball Champions League e na FIBA Europe Cup.

PatrociniosEditar

Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • CAI Zaragoza (2002−2016)
  • Tecnyconta Zaragoza (2016–2019)
  • Casademont Zaragoza (2019–presente)

XogadoresEditar

Cadro actualEditar

Casademont Zaragoza 2021−2022
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
E 2   Mobley, Matt 1,88 m (6 ft 2 in) 84 kg (185 lb) Fraport Skyliners (2021)
A 4   Yusta, Santi 2,01 m (6 ft 7 in) 83 kg (183 lb) Lenovo Tenerife (2021)
A 5   Okoye, Stan 1,98 m (6 ft 6 in) 98 kg (216 lb) Gran Canaria (2021)
P 7   McLean, Jamel 2,03 m (6 ft 8 in) 117 kg (258 lb) Riesen Ludwigsburg (2021)
A 8   Radončić, Dino 2,02 m (6 ft 8 in) 95 kg (209 lb) Lenovo Tenerife (2020)
AP 9   Vanwijn, Hans 2,05 m (6 ft 9 in) 93 kg (205 lb) JDA Dijon (2021)
B 10    Cook, Omar 1,85 m (6 ft 1 in) 86 kg (190 lb) San Pablo Burgos (2021)
P 13   Vila, Ramón 2,03 m (6 ft 8 in) 110 kg (243 lb) Levitec Huesca (2021)
A 22   Font, Aleix 1,94 m (6 ft 4 in) 85 kg (187 lb) FC Barcelona B (2020)
P 32   Hlinason, Tryggvi 2,16 m (7 ft 1 in) 118 kg (260 lb) Valencia Basket (2019)
B 44   García, Javi 1,86 m (6 ft 1 in) 80 kg (176 lb) Categorías inferiores (2019)
B 00   San Miguel, Rodrigo 1,86 m (6 ft 1 in) 84 kg (185 lb) Lenovo Tenerife (2019)
Adestrador
  Jaume Ponsarnau
Asistente(s)
  Sergio Lamúa
  Manuel Peña
  Ignacio Juan

Lenda
  • (C) Capitán
  •   Lesionado

Cadro
Actualizado: 31−082021

DestacadosEditar

AdestradoresEditar

A seguinte é unha lista dos adestradores do Basket Zaragoza desde a súa fundación.

  •   José Luis Oliete (2002−2003)
  •   Ranko Žeravica (2003)
  •   Alfred Julbe (2003−2004)
  •   Óscar Quintana (2004−2005)
  •   Alfred Julbe (2005−2006)
  •   Chus Mateo (2006−2007)
  •   Curro Segura (2007−2009)
  •   Alberto Angulo (2009)
  •   José Luis Abós (2009−2014)
  •   Joaquín Ruiz Lorente (2014−2015)
  •   Andreu Casadevall (2015−2017)
  •   Luis Guil (2017)
  •   Jota Cuspinera (2017−2018)
  •   Pep Cargol (2018)
  •   Porfirio Fisac (2018−2020)
  •   Diego Ocampo (2020)
  •   Sergio Hernández (2020−2021)
  •   Luis Casimiro (2021)
  •   Jaume Ponsarnau (2021−presente)

PalmarésEditar

LEB Oro

  • Campións (2): 2008, 2010

Copa Príncipe

  • Campións (1): 2004

HistorialEditar

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
2002–03 2 LEB 14º 15–20
2003–04 2 LEB 25–19 Copa Príncipe C
2004–05 2 LEB 19–18 Copa Príncipe SF
2005–06 2 LEB 30–12
2006–07 2 LEB 26–16
2007–08 2 LEB Oro 28–6 Copa Príncipe SF
2008–09 1 ACB 17º 8–24 Supercopa
2009–10 2 LEB Oro 27–7
2010–11 1 ACB 10º 16–18
2011–12 1 ACB 10º 16–18
2012–13 1 ACB 23–17 Cuartos de final Supercopa SF
2013–14 1 ACB 18–18 Semifinais 2 EuroCup U32 8–8
2014–15 1 ACB 18–16 Cuartos de final 2 EuroCup U32 6–10
2015–16 1 ACB 12º 13–21 2 EuroCup OF 12–6
2016–17 1 ACB 15º 9–23
2017–18 1 ACB 16º 10–24
2018–19 1 ACB 18-16
2019–20 1 ACB 17–11 Cuartos de final 3 Champions League 13–6
2020–21 1 ACB 13º 14–22 3 Champions League 11–3

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar