Pavillón Príncipe Felipe
O Pavillón Príncipe Felipe é un recinto multiúsos cuberto da cidade de Zaragoza, adicado a eventos deportivos e concertos, con capacidade para acoller a 11.000 persoas sentadas nas bancadas. O pavillón foi inaugurado en 1990, e nel xogan como locais os equipos Basket Zaragoza da ACB, e Balonmano Aragón da ASOBAL. Ata o ano 2007 tamén tiña a súa localía neste pavillón o equipo Sala 10 Zaragoza da LNFS, que actualmente xoga no pavillón Siglo XXI.
Pavillón Príncipe Felipe | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 41°38′07″N 0°51′59″O / 41.635339, -0.866272 |
Localización | Zaragoza, España |
Nomes antigos | Pabellón José Luis Abós (2015) |
Construción | |
Inauguración | 17 de abril de 1990 |
Arquitecto | Fernando Ruiz de Azúa José Jesús Fau |
Estadio | |
Capacidade | 10 744 |
Propietario | Ayuntamiento de Zaragoza |
Localía | Basket Zaragoza BM Aragón |
Eventos | |
Final Four da Euroliga (1990, 1995) Final da Copa Saporta (1999) | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Eventos deportivos
editar- Baloncesto
- En 1990 e 1995 disputáronse neste pavillón as finais a catro da Euroliga, que deron como campións á Jugoplastika fronte ó FC Barcelona, e ó Real Madrid fronte ó Olympiakos.
- En 1992 acolleu a rolda final do torneo preolímpico de baloncesto.
- En 1991 e 2005 disputáronse nel as roldas finais da Copa do Rei de Baloncesto.
- Balonmán
- Disputáronse as finais da Copa do Rei de Balonmán nos anos 2000 e 2008.
- Tamén acolleu as finais da Copa ASOBAL nos anos 1999 e 2006.
- Fútbol Sala
- Acolleu 3 finais da Copa de España de Fútbol Sala, nos anos 1991, 1993 e 2006.
Concertos
editarO Pavillón Príncipe Felipe é un recinto moi empregado para facer eventos culturais en forma de concertos. Oasis, Maná, Mark Knopfler, David Bowie, Guns N' Roses, Joaquín Sabina, Joan Manuel Serrat, Amaral, Rod Stewart, El Canto del Loco e The Who son algúns dos artitas e bandas que teñen actuado nestas instalacións.