Robert Archibald
baloncestista británico
Robert Michael Archibald, nado o 29 de marzo de 1980 en Paisley e finado o 23 de xaneiro de 2020, foi un xogador de baloncesto profesional. Xogaba nas posicións de ala-pivote ou de pivote.
Traxectoria
editarArchibald foi elixido na 32ª posición do Draft da NBA de 2002 polos Memphis Grizzlies, e asinou un contrato por dous anos. Tras unha tempada en Memphis, na que xogou tan só 12 partidos, Archibald foi traspasado xunto a Brevin Knight e Cezary Trybański ós Phoenix Suns a cambio de Bo Outlaw e Jake Tsakalidis.[1]
O 26 de decembro de 2003, Archibald foi traspasado ós Orlando Magic.[2] Unha semana máis tarde foi traspasado de novo, desta vez ós Toronto Raptors a cambio de Mengke Bateer e Remon van de Hare.[3]
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 22 de xuño de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)
- Perfil en Euroleague.net (en inglés)