Paisley

Coordenadas: 55°50′48″N 4°25′25″O / 55.846627, -4.423636

Paisley (en gaélico escocés: Pàislig) é unha localidade da parte occidental das Lowlands de Escocia, Reino Unido. Atópase no límite norte dos montes Gleniffer Braes e esténdese a ambos os dous lados do río Cart. Paisley é a capital administrativa do concello (council) de Renfrewshire e é parte da área metropolitana do Gran Glasgow. Atópase a 11,1 km ao oeste do centro de Glasgow.

Casa do Concello de Paisley.

Paisley é a quinta localidade máis grande de Escocia, cunha poboación de 76.834 habitantes no censo de 2011, por detrás das cidades de Glasgow, Edimburgo, Aberdeen e Dundee. Paisley non ten o status de cidade, maila ter máis poboación que Inverness, Stirling e Perth, que si que o teñen. Paisley conforma, en gran medida, a parte suroeste da conurbación do Gran Glasgow.

En Paisley atópase un dos campus da Universidade do Oeste de Escocia.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar