Perth, Escocia

Coordenadas: 56°23′49″N 3°26′13″O / 56.397, -3.437

Perth (en gaélico escocés Peairt)[1] é unha cidade escocesa, localizada á beira do río Tay. É o centro administrativo da área municipal de Perth e Kinross e mais do condado histórico de Perthshire. Segundo os datos do censo de 2011, Perth e os seus suburbios teñen unha poboación de 50.000. Perth tamén era coñecida como The Fair City dende a publicación de Fair Maid of Perth, obra do escritor Walter Scott en 1828. Durante o último período medieval foi chamada St John's Toun ou Saint Johnstoun polos seus habitante. O nome fai referencia á igrexa adicada a San Xoán o Bautista. O antigo nome consérvase no nome do equipo de fútbol local, o St. Johnstone F.C.

Perth, Escocia
Peairt
Coa Scotland Town Perth big.svg
St. Matthew's Church and Smeaton's Bridge.jpg
Igrexa de San Mateo e ponte de Smeaton.
Localización
Perth en Escocia
Perth
Perth
PaísFlag of the United Kingdom (3-5).svg Reino Unido
Nación constituínteEscocia Escocia
ConcelloPerth e Kinross
Demografía
Poboación44.000 hab. (2009)
Densidadehab./km²
Outros datos
Código postalPERTH
Páxina oficial de Perth

NotasEditar

  1. Gaelicplacenames.org (ed.). "Ainmean-Àite na h-Alba - Gaelic Place-Names of Scotland - Database". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 2 de outbro de 2013. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar