Aleix Font

baloncestista español

Aleix Font Rodríguez, nado o 11 de marzo de 1998 en Barcelona, é un xogador profesional de baloncesto español que actualmente xoga para o Leyma Coruña da Liga LEB Ouro.

Aleix Font
Leyma Coruña  – No. 22
Información persoal
Nacemento 11 de marzo de 1998 (25 anos)
España Barcelona, España
Altura 1,94 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 85 kg (187 lb)
Posición Escolta
Información da carreira
Carreira 2016−presente
Historial de equipos
Barcelona B (2016–2020)
Brose Bamberg (2019)
Obradoiro (2019–2020)
Zaragoza (2020–2022)
Bàsquet Girona (2020)
Básquet Coruña (2022–presente)

Traxectoria editar

O 2 de novembro de 2019, anunciouse a súa cesión ata final de tempada ó Obradoiro CAB da Liga ACB.[1]

O 21 de agosto de 2020, Font rescindiu o seu contrato co FC Barcelona e asinou un contrato de catro tempadas co Basket Zaragoza 2002 da Liga ACB.[2] Na súa primeira tempada co Zaragoza, foi cedido ó Bàsquet Girona da Liga LEB Ouro.[3] O 10 de decembro de 2020, o Zaragoza recuperou ó xogador debido ás lesións de longa duración de dous dos seus xogadores.[4]

O 29 de xullo de 2022, anunciouse a fichaxe de Font por unha tempada co Básquet Coruña da Liga LEB Ouro.[5] Ó remate da súa primeira tempada na Coruña, Font acadou o galardón ó mellor xogador da tempada co club coruñés.[6] O 13 de xullo de 2023, Font renovou co Básquet Coruña por unha tempada máis.[7]

Notas editar

  1. "O Monbus Obradoiro incorpora a Aleix Font". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2019. Consultado o 04 de novembro de 2019. 
  2. Aleix Font, futuro para el Casademont Zaragoza
  3. "Aleix Font completa la plantilla del Bàsquet Girona 2020-21". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2021. Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  4. Aleix Font se incorpora al Casademont Zaragoza
  5. "Aleix Font se suma al Leyma Coruña". basquetcoruna.com. 29 de xullo de 2022. Consultado o 29 de xullo de 2022. 
  6. "Aleix Font – Jugador Estrella Galicia de la Temporada 22-23". basquetcoruna.com. 9 de xuño de 2023. Consultado o 9 de xuño de 2023. 
  7. "Álex Hernández y Aleix Font ¡RENOVADOS!". basquetcoruna.com. 13 de xullo de 2023. Consultado o 13 de xullo de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar