Harper Williams
Harper Terry Williams, nado o 25 de maio de 1971 en Bridgeport, Connecticut, é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga para Lobos Grises de la UAD da Liga Nacional de Baloncesto Profesional mexicana. Formado na Universidade de Massachusetts mide 2,01 metros, pesa 120 kg e xogaba na posición de pivote.
Harper Williams | |
---|---|
Posición | Pivote |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 120 kg (264 lb) |
Nacemento | 25 de maio de 1971 (52 anos)![]() |
Carreira | |
Tempadas | 1993–2010 |
Universidade | Massachusetts |
Equipo(s) | |
UMass Minutemen (1989-1993) Elmar León (1993–1994) Estudiantes (1994–1995) TDK Manresa (1995–1996) Estudiantes (1996–1997) León Caja España (1997–1999) CSP Limoges (1999–2000) Panionos (2000–2001) Fillattice Imola (2001–2002) Ricoh Manresa (2002–2005) Gran Canaria (2005–2006) Leite Río Breogán (2006–2007) Cáceres (2007–2009) Lobos Grises de la UAD (2009) Franca Basquetebol Clube (2009−2010) | |
Estatísticas (ACB) | |
Puntos | 3 443 (18,0 pp) |
Triplas | 1 941 (10,2 pp) |
Tapóns | 104 (0,5 pp) |
Premios | |
|
Traxectoria editar
Nacido en Bridgeport, Connecticut (Estados Unidos) o 25 de maio de 1971 é un xogador de grande experiencia que durante a súa carreira xogou para varios equipos históricos da ACB tales como o TDK Manresa, Estudiantes ou Breogán ademais de participar nas ligas grega, francesa ou italiana. Entre o seu palmarés destacan o tres títulos que conseguiu a tempada 1999-2000, cando defendía as cores do CSP Limoges galo: a liga e copa francesas e a Copa Korać. En España o seu logrou máis importante foi o proclamarse campión da Copa do Rei 1995-96 mentres militaba no TDK Manresa.
Con 2,01 metros de estatura, Williams sempre ocupou a posición de pivote e aínda que agora é un xogador sobrio e efectivo, durante a súa mocidade foi un portento físico tal como demóstrao o premio a Xogador Máis Espectacular da liga ACB 1993-94 que lle concedeu a revista "Gigantes del Basket" cando prestaba os seus servizos no Elmar León. A tempada 2008-09 iniciouna nas filas do Cáceres 2016 da LEB Ouro, equipo ao que chegara mediada a tempada anterior na LEB Prata. Trala disputa de tan só tres xornadas é apartado do equipo por presuntos motivos disciplinarios,[1] o que lle levou a fichar polo Lobos UAD de Durango, da LNBP mexicana.[2]
Clubs editar
- UMass Minutemen (1989-1993)
- Elmar León (1993–1994)
- Estudiantes Caja Postal (1994–1995)
- TDK Manresa (1995–1996)
- Estudiantes Caja Postal (1996–1997)
- León Caja España (1997–1999)
- CSP Limoges (1999–2000)
- Panionos (2000–2001)
- Fillattice Imola (2001–2002)
- Ricoh Manresa (2002–2005)
- Gran Canaria (2005–2006)
- Leite Río Breogán (2006–2007)
- Cáceres 2016 (2007–2009)
- Lobos Grises de la UAD (2009)
- Franca Basquetebol Clube (2009-2010)
Palmarés editar
Clubs editar
- Unha Copa Korać (2000)
- Unha Ligue Nationale de Basketball (2000)
- Unha Copa de Francia (2000)
- Unha Copa do Rei (1996)
Individual editar
- Unha vez Xogador máis espectacular da ACB (1994)
- Unha vez Máximo taponador da ACB con 46 tapóns, 1,77 por partido (2003)
Notas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Ficha en acb.com
- Ficha en feb.es
- Ficha en legabasket.it Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.