Tenerife CB

equipo de baloncesto da cidade de Santa Cruz de Tenerife, nas Illas Canarias

O Tenerife Club de Baloncesto foi un equipo de baloncesto da cidade de Santa Cruz de Tenerife, nas Illas Canarias (España). Xogaba os seus partidos como local no Pabellón Santiago Martín, recinto con capacidade para 5 100 espectadores e que se encontra en La Laguna. O club despareceu no ano 2013.

Tenerife Baloncesto
Información xeral
Fundación 19 de xuño de 1996
Desaparición 2013
Cores                Azul, laranxa e branco
Presidente José Miguel Martín (último)
Localización
Cidade España Santa Cruz, España
Pavillón Santiago Martín
Capacidade 5 100
Inauguración 1999
Campionatos
Copa Príncipe 1 (2000)
tenerifebaloncesto.com

HistoriaEditar

O Tenerife Baloncesto fundouse en 1996 pola fusión de varios equipos de Tenerife. Na tempada 1996-97 fundou xunto con outros equipos a Liga LEB, nesta primeira tempada disputou os seus partidos como local no pavillón Rios Tejera da cidade de San Cristóbal de la Laguna. Na súa segunda tempada o club mudouse ao Pavillón Municipal da capital tinerfeña, nesta tempada disputou o play-off de ascenso contra o CB Murcia, ascendendo finalmente o equipo murciano. En 1999 o equipo volveu disputar un play-off de ascenso, caendo nesta ocasión fronte ao Gijón Baloncesto. Na tempada 2002-03 proclamouse campión da Copa do Príncipe, e ao final desa mesma tempada ascendeu á Liga ACB. No 2005, logo de tres anos na máxima competición de baloncesto español, descendeu á Liga LEB. Na tempada 2006-07 competiu na LEB, finalizando a liga no posto 13 da clasificación, na seguinte tempada mantívose na LEB, finalizando no posto 14º. Na tempada 2007-08 quedouse a un partido de volver á ACB logo de perder o último partido da final a 4 disputada en Cáceres contra o Bruesa. Na seguinte tempada tamén loitou polo ascenso, caendo en semifinais contra o Melilla Baloncesto. Na tempada 2009-10 o equipo finalizou a liga na metade da táboa.

PalmarésEditar

Copa do Príncipe

  • Campión (1): 2003

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar