L'Alcora
Coordenadas: 40°04′28″N 0°12′50″O / 40.07444, -0.21389
L'Alcora é un municipio da Comunidade Valenciana, situado na provincia de Castelló, na comarca do Alcalatén, da que é capital. A súa poboación residente é de 10.672 habitantes (INE 2014).

É coñecida pola súa cerámica e pola fábrica foi fundada en 1727. Na actualidade, a industria de azulexos de l'Alcora compite coa doutras localidades da provincia. Existe unha importante industria auxiliar e complementaria desta actividade. A agricultura de secaño ten menor interese, predominando o cultivo da amendoeira e o oliveiral. Nos seus muíños de aceite elabórase un aceite de oliva de excelente calidade.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: L'Alcora |