Agricultura de secaño
A agricultura de secaño ou agricultura de sequeiro é aquela na que o ser humano non contribúe con auga, senón que utiliza unicamente a que provén da choiva directamente sobre os cultivos.
Historia e evolución
editarÉ a máis próxima á simple recolección, e posiblemente é o primeiro tipo de agricultura que existiu. Inicialmente era a única que podía facerse sen grandes infraestruturas, e chegou ata a actualidade, aínda que moi evolucionada tecnicamente.
Actualmente, aínda que non haxa achega de auga, utilízanse fertilizantes e outros agroquímicos (herbicidas, funxicidas etc) e tamén maquinaria moi evolucionada e adaptada a cada tipo de cultivo.
Cultivos de secaño
editarAlgúns cultivos de secaño típicos do Mediterráneo son:
- Cereais: orxo, trigo, avea, centeo.
- Legumes: garavanzos, chícharos, fabas.
- Árbores froiteiras: amendoeira, albaricoqueiro, oliveira.
- Outras árbores: alfarrobeira.
- Videira.
- Hortícolas: cebolas, melóns, tomates.
A triloxía mediterránea baséase precisamente no cultivo de trigo, oliveiras e vide.