Alcalatén
O Alcalatén é unha comarca do norte da Comunidade Valenciana, na provincia de Castelló. A súa capital é L'Alcora. Limita ao norte co Alt Maestrat e con Aragón, ao leste coa Plana Alta, ao sur coa Plana Baixa e ao oeste co Alt Millars.
Alcalatén | |
---|---|
Pico do Penyagolosa | |
Localización | |
Provincia | Castelló |
Datos | |
Capital | L'Alcora |
Cidade máis poboada | L'Alcora |
Poboación | 16.991 hab.(2008) |
Superficie | 648,7 km² |
Densidade | 26,19 hab./km² |
Nº de concellos | 9 |
Lingua propia | Valenciano |