Alfonso Martínez
Alfonso Martínez Gómez, nado o 24 de xaneiro de 1937 en Zaragoza (Aragón) e finado o 17 de abril de 2011 en Barcelona (Cataluña) aos 74 anos, foi un ex xogador profesional de baloncesto internacional español. Cunha altura de 1,94 metros xogaba na posición de pivote. Contaba cunha forte personalidade e unha gran capacidade tanto anotadora como reboteadora, sendo considerado un dos mellores baloncestistas de España da súa época.
Traxectoria
editarFormado no baloncesto catalán, desenvolveu unha longa carreira baloncestística, tamén case sempre dentro de clubs cataláns, repleta de éxitos ao longo das dezanove tempadas consecutivas que xogou na Liga española; feito que supón un rexistro histórico e só superado por Joan Creus.
Alfonso Martínez xogou nos mellores equipos de España, e sempre acompañado de éxito. Ao longo da súa carreira gañou catro Ligas españolas, sendo ademais no único xogador que o conseguiu con tres equipos distintos, o FC Barcelona, o Real Madrid e o Club Joventut de Badalona. Este feito repítese coa Copas do Rei, gañando catro e tamén sendo o único en facelo con catro equipos diferentes, o FC Barcelona, o Real Madrid e o Club Joventut de Badalona e Picadero. Tamén xogou entre outros equipos históricos no Breogán de Lugo.
A nivel persoal, foi tres veces o máximo anotador da Liga (1957, 1958 e 1967. Tamén foi na súa época titular indiscutible coa selección de baloncesto de España, non en van disputou un total de 146 partidos internacionais, participando nos Xogos Olímpicos de 1960 en Roma e nos de México 1968, no Mundial de Chile de 1966 e en cinco Europeos: 1959, 1961, 1963, 1967 e 1969, sendo o máximo reboteador no de 1967. Unha vez retirado como xogador en activo adestrou ao Club Baloncesto Valladolid e ao Bàsquet Manresa.
Equipos
editar- FC Barcelona (1953–1955).
- Aismalíbar (1955–1956).
- Real Madrid (1956–1958).
- FC Barcelona (1958–1961).
- Joventut (1961–1962).
- Picadero (1962–1966).
- Joventut (1966–1972).
- Mataró (1972–1975).
- Breogán Lugo (1975–1976).
Títulos
editarClub
editar- 4× Ligas España (1957, 1958, 1959, 1967).
- 4× Copas do Rei (1957, 1959, 1964, 1969).
Individual
editar- 4× Ligas España (1957, 1958, 1959, 1967).
- 4× Copas do Rei (1957, 1959, 1964, 1969).
- 3× Máximo anotador de Primeira (ACB).
- 1× Máximo reboteador do EuroBasket 1967 coa Selección de baloncesto de España.
- 146 veces internacional coa Selección de baloncesto de España.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Reportaxe sobre Alfonso MartínezArquivado 03 de decembro de 2010 en Wayback Machine.