Predrag Danilović
Predrag "Saša" Danilović (en serbio: Предраг "Саша" Даниловић), nado o 26 de febreiro de 1970 en Saraxevo, Iugoslavia (actual Bosnia e Hercegovina) e un ex xogador profesional de baloncesto con pasaporte serbio e actual presidente do KK Partizan de Belgrado. Está considerado un dos trinta e cinco mellores xogadores da historia da Euroliga. Cunha altura de 2,01 metros xogaba nas posicións de escolta e aleiro. É tamén membro da ONG Grupa 7 adicada a axudar aos nenos afectados polas guerras iugoslavas.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de febreiro de 1970 (54 anos) Saraxevo, Bosnia e Hercegovina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Cookeville High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 196 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 91 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1988 - 2000 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Golden State Warriors | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1999 | EuroBasket 1999 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1997 | EuroBasket 1997 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1996 | Xogos Olímpicos de 1996 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1995 | EuroBasket 1995 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1991 | EuroBasket 1991 (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1989 | EuroBasket 1989 (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Olga Danilović |
Traxectoria
editarProcedente da canteira do KK Bosna Saraxevo de Saraxevo, Danilović con tan só 18 anos, en 1988, co KK Partizan de Belgrado, onde xogou con éxito os seus seguintes anos, gañando unha liga iugoslava, dúas copas, unha Copa Korać e a Euroliga. Tras gañalo todo no seu país, fichou pola Virtus Bologna en 1992 da Serie A italiana, converténdose pronto no ídolo da afección e unha lenda polo seu carismático e gañador xogo. Alí gañou tres ligas de maneira consecutiva.
Danilović, que xa se presentara ao Draft da NBA en 1992, onde foi elixido na segunda rolda (posto 43) polos Golden State Warriors. Así, no ano 1995, tras gañar multitude de títulos en Europa decidiu probar sorte na NBA, xogando dous anos en Miami Heat e un terceiro en Dallas Mavericks. En Miami fixo unha media de 13,4 puntos por partido (1995-96) antes de caer lesionado e non reaparecer até os play-offs, que lle enfrontaron aos Chicago Bulls de Michael Jordan. En 1997, xa traspasado a Dallas, promedia 16,6 puntos por partido (terceiro máximo anotador do equipo) e dá por finalizada a súa etapa NBA, algo estraño considerando que sempre foi o escolta titular dos seus equipos.
Así, tras 56 partidos en dúas tempadas, onde fixo unha media de 12,8 puntos en 31,1 minutos por partido, regresou a Italia, outra vez á Virtus. Na súa segunda estancia en Boloña gañou tres títulos, até a súa retirada no ano 2000: unha liga, unha copa e a Euroliga. Na tempada 1997-98 a Kinder Bologna, adestrada por Ettore Messina e liderado por Danilović, disputa as finais da LEGA contra os veciños do Teamsystem Bologna, liderados por Dominique Wilkins, Gregor Fučka, David Rivers e Carlton Myers. Nas finais prodúcese un interesante duelo entre Wilkins e Danilović, que se decantou a favor do serbio, cando no quinto e definitivo partido anotou nos últimos segundos unha xogada de catro puntos, triplo frontal a sete metros con falta incluída de Wilkins. Danilović anota o tiro libre e o seu equipo gaña a título máis disputado da década. Foi nomeado o MVP da liga nesa campaña.
A nivel de selección nacional, Danilović, conseguiu gañar catro campionatos de Europa (1989, 1991, 1995, 1997) e un terceiro posto (1999), así como a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996) tras perder na final fronte a selección estadounidense. A nivel individual Danilović foi nomeado mellor xogador europeo en 1995, Mr. Europa en 1998 e MVP da lega italiana en 1998. Despois da súa retirada foi co-presidente do KK Partizan de Belgrado xunto a Vlade Divac e dende 2007 único presidente. Está casado coa reporteira deportiva Svetlana Danilović, coa que ten tres fillos, e é membro da ONG Grupa 7 adicada a axudar aos nenos afectados polas guerras iugoslavas.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina na web da NBA
- Páxina na web da Lega Basket Arquivado 08 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.